Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

07/12/2021

A Comisión Europea pon en marcha as Misións do Horizonte Europa

5471F_1638878939_MicrosoftTeams-image__15_.jpg

Bruxelas, 7 de decembro de 2021. A Comisión publica os Plans de Implantación das cinco novas misións, no marco de Horizonte Europa, co obxectivo de facer fronte a desafíos globais de aquí a 2030. 

As misións defínense como un paquete de accións interdisciplinarias baseados na I+D+i para acadar metas inspiradoras e cuantificables, que teñen un gran impacto na sociedade.

Co primeiro programa de traballo do Horizonte Europa, para 2021-2022, e a recente publicación dos plans por parte da Comisión, quedan definidas un conxunto de accións específicas para cada unha das cinco misións.

  1. Adaptación ao cambio climático: Apoio a 150 rexións e comunidades europeas para que sexan resistentes ó cambio climático de aquí a 2030. Para esta misión prevese un presuposto de 100 millóns de euros para demostracións a larga escala.
  2. Cancro: traballar co Plan Europeo de Loita contra o Cancro para mellorar a vida de máis de tres millóns de persoas de aquí a 2030 grazas á prevención, a cura e solucións para vivir máis e mellor.
  3. Restauración dos océanos e as augas: Protección do trinta por cento dos mares e restauración dos sistemas mariños, así como de 25.000 km de augas fluviais, prevención da polución e redución de residuos plásticos nos mares. Fomento dunha economía azul climaticamente neutral e con emisións cero.
  4. Cidades intelixentes e climáticamente neutras de aquí a 2030. A Comisión acaba de invitar ás cidades a unha convocatoria de expresión de interese nesta misión. O obxectivo é chegar a 100 cidades intelixentes e neutras climaticamente para que sirvan de exemplo ás demais urbes europeas de cara a 2050. A iniciativa situaría ás cidades elixidas á cabeza en termos de innovación e Pacto Verde, traendo beneficios para os seus cidadáns a nivel de calidade do aire, 
  5. Pacto sobre o solo para Europa: creación de 100 “laboratorios viventes” e “faros” para liderar a transición cara uns solos saudables de aquí a 2030, fomentando a participación cidadá e colectiva.
A posta en marcha das misións, a través dos plans de implantación, pretende mobilizar tanto actores públicos como privados (Estados Membro, autoridades rexionais e locais, institutos de investigación,  empresarios e inversores) e combinar políticas e programas a diferente nivel para acadar obxectivos concretos nos próximos dez anos.

O presuposto inicial para as misións de aquí a 2023 é de 1.900 mil millóns de euros.

As misións en España
España, a través do Ministerio de Ciencia e Innovación, está traballando de maneira activa na consecución de distintos fitos para o desenvolvemento das Misións. Neste sentido, puxéronse en marcha “grupos espello” nacionais, que ata agora estiveron contribuíndo con todo o proceso e marcando as liñas de interese para España. Trátase de grupos de traballo a nivel nacional que supoñen un reflexo dos grupos da Comisión responsables do desenvolvemento de cada unha das misións. Cada grupo recolle a realidade española, elabora propostas e fai suxerencias á Comisión Europea tendo en conta a realidade española. Son equipos multidisciplinares e multisectoriales que están liderados polo Ministerio de Ciencia e Innovación.

Máis información:
Programa de traballo Horizonte Europa 2021-2022
Horizonte Europa en España


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante