Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

12/04/2021

A Comisión adopta o primeiro plan estratéxico do Horizonte Europa

5308F_1618234591_GettyImages-1022892932.jpg
O plan é unha das novidades do Horizonte Europa e establece as liñas de inversión para os primeiros catro anos tendo en conta as prioridades da Unión Europea para este período financeiro.

Bruxelas, 12 de abril de 2021- O primeiro plan estratéxico é unha do novo programa de investigación e innovación, Horizonte Europa, dotado con 95 mil millóns de euros. Este documento de traballo establece as seguintes orientacións estratéxicas de aquí a 2024:

•     Promover unha autonomía estratéxica aberta: Trátase de desenvolver novas tecnoloxías, sectores e cadeas de valor que sexan claves para futuro.

Avanzar cara unha Europa climáticamente neutra e sostible, convertendo o continente na primeira economía circular e baseándose na tecnoloxía dixital. 

Restaurar a biodiversidade europea e mellorar a xestión dos recursos naturais: O obxectivo é recuperar os ecosistemas do continente e aproveitar os recursos de maneira sostible.

Crear unha sociedade máis resiliente, democrática e inclusiva. Consiste en poñer ao conxunto da sociedade no centro das políticas favorecendo unha economía ao servizo das persoas.

As institucións cooperarán internacionalmente para facer fronte a algún destes retos que afectan ao panorama mundial.

Ademais destas prioridades, o plan estratéxico identifica asociacións europeas cofinanciadas e coprogramadas, así como misións da UE. Estas asociacións ou partenariados buscan conectar o sector público e privado para reducir a fragmentación no campo da investigación e contribuir a acadar os obxectivos comunitarios. Os partenariados cubrirán ámbitos cruciais como o da enerxía, a saúde ou a alimentación e complementarán as dez asociacións europeas institucionalizadas que propuxo a Comisión en febreiro. 

Por outra banda, as misións identifican retos mundiais que afectan á sociedade como pode ser o cancro, a protección dos océanos ou a garantía do solo e dunha alimentación saudable. As misións serán abordadas mediante proxectos de investigación, medidas políticas ou iniciativas lexislativas.

As prioridades establecidas no plan estratéxico aplícanse a través do programa de traballo de Horizonte Europa e que ofrece oportunidades de financiamento con convocatorias temáticas. As primeiras convocatorias de propostas presentaranse nas Xornadas Europeas de Investigación e Innovación que terán lugar os días 23 e 24 de xuño.  

O Plan Xeral de Traballo 2021-2022 do Horizonte Europa pódese consultar xa a través deste enlace.

Ademais das misións que abordan temas globais, as orientacións do plan tamén tratan cuestións horizontais, como o do xénero. A integración da dimensión de xénero pasa a ser con este novo programa un requisito imprescindible en calquera contido de investigación e innovación.

Plan Xeral de Traballo 2021-2022 do Horizonte Europa xa está disponible e pódese consultar en liña. No portal da Comisión Europea pódese acceder ademais ao Plan de Traballo 2021 do Consello Europeo de Innovación (EIC). E tamén o Programa de Traballo deste ano do Consello Europeo de Investigación (ERC).

Máis información: Comisión Europea


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante