08/03/2022
España recibe 1.100 millóns de euros no marco de REACT-EU para protexer o emprego e apoiar a recuperación económica
- Este financiamento adicional destinarase a financiar os ERTE e súmase aos 21.300 M€ prestados no marco da iniciativa SURE.
Estes recursos adicionais apoiarán os Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTEs) co obxectivo de axudar a que máis de 125.000 persoas manteñan os seus postos de traballo e a que as empresas manteñan as súas operacións. Para este mesmo obxectivo, España xa recibira 21.300 millóns de euros en forma de préstamo a través do mecanismo de
Apoio Temporal para Mitigar o Desemprego, os Riscos e as Emerxencias (SURE).
Contexto
REACT-UE forma parte do
NextGenerationEU e proporciona 50 600 millóns de euros de financiamento adicional (a prezos correntes) ao longo de 2021 e 2022 para os programas da política de cohesión 2014-2020.
España é o primeiro país beneficiario de REACT-EU, con case 14.500 M€ dispoñibles, dos que 11.600 obtiveron o visto bo da Comisión a través da modificación dos programas operativos correspondentes. Ata agora, recibiu un prefinanciamento de 1.200 M€ e un desembolso de 50M €.