10/03/2022
A Comisión lanza «The Green Track»
- Esta iniciativa, enmarcada en el Año Europeo de la Juventud, englobará arredor de 30 eventos para mobilizar á xuventude a que presente as súas preocupacións e recomendacións sobre o futuro sostible de Europa
Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2022. A Comisión Europea vén de lanzar, en colaboración coa
Global Youth Biodiversity Network, a campaña The Green Track. Esta iniciativa emblemática, enmarcada no
Ano Europeo da Xuventude, está deseñada para mobilizar á xuventude europea antes da Conferencia das Nacións Unidas sobre Biodiversidade que está prevista para este verán, na que se acordará un novo marco mundial para a protección da natureza.
A través de “The Green Track”, habilítase unha plataforma para que a xuventude exprese as súas preocupacións e recomendacións sobre a natureza, biodiversidade e o futuro sostible de Europa.
Baixo o lema “Listos para actuar pola natureza” (Ready to act #ForNature), organizaranse ao abeiro desta iniciativa arredor de 30 actos organizados por mozas e mozos de toda Europa, co apoio da Comisión Europea. Estes actos englobarán diversos temas e formatos (en liña e presenciais), abordando cuestións relacionadas coa biodiversidade, cambio climático, desenvolvemento sostible, protección ambiental ou economía circular, entre outras a citar. Na plataforma da iniciativa
xa se poden consultar os diferentes eventos que se están a realizar.
MÁIS INFORMACIÓN