24/02/2022
		
        
        
		Oportunidades de prácticas na Unión Europea
		
                
                - Os prazos de solicitude rematan durante o mes de marzo. 
 
Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2022. Desde a Fundación Galicia Europa, achegamos as diferentes oportunidades de prácticas en institucións e organismos da Unión Europea, como o Comité das Rexións ou o Comité Económico e Social, cuxo prazo de inscrición finalizan durante o mes de marzo. Poderás atopar diferentes perfís, desde dereito, ciencias políticas e economía até recursos humanos ou comunicación.
FORO EUROPEO DA XUVENTUDE
- A data límite é o 6 de marzo.
 
O Foro Europeo da Xuventude é a principal organización europea que traballa pola defensa dos dereitos das persoas mozas, representando a máis de 100 organizacións xuvenís de toda Europa
Oferta unha praza de prácticas para traballar no seguimento das políticas europeas, a realización de informes sobre asuntos europeos e a participación en eventos internacionais que requiran a presencia da organización, entre outras funcións. Os requisitos que se solicitan, son:
- Titulación universitaria en Ciencias Sociais, Dereito, Ciencias Políticas, Relacións Internacionais ou similares.
 - Bo coñecemento do inglés.
 - Terase en conta a experiencia de voluntariado así como o coñecemento sobre a Unión Europea.
 
Consulta toda a información na seguinte 
ligazón. 
COMITÉ DAS REXIÓNS
- A data límite é o 31 de marzo.
 
O Comité das Rexións é un organismo consultivo da UE composto por representantes a escala local e rexional dos Estados membros, que ten por obxectivo dar voz ás rexións e cidades europeas sobre a lexislación da UE. 
Actualmente, oferta bolsas de prácticas remuneradas durante un período de cinco meses en Bruxelas, onde a persoa solicitante poderá seleccionar até tres departamentos de interese do Comité. 
As persoas que queiran presentarse a esta convocatoria, deberán de reunir os seguintes requisitos:
- Ser nacional dun Estado membro. 
 - Ter unha titulación universitaria.
 - Ter fluidez en dous dos idiomas oficiais da Unión Europea, tendo que ser un deles o inglés ou francés.
 - As persoas candidatas non poderán ter desfrutado máis de oito semanas consecutivas doutra bolsa ou contrato laboral nunha institución europea.
 
COMITÉ ECONÓMICO E SOCIAL EUROPEO
- A data límite é o 31 de marzo.
 
O Comité Económico e Social Europeo é un órgano consultivo da Unión Europea composto por representantes das organizacións de traballadores/as e empresarios/as, así como doutros grupos de interese, que teñen por obxecto emitir ditames sobre cuestións da UE e actuar como ponte entre as institucións da UE con capacidade decisoria e a cidadanía europea. 
Actualmente, oferta bolsas de prácticas remuneradas por un período de cinco meses, tendo como data prevista de comezo o 16 de setembro. 
Para aplicar, ademais de ter interese polos eidos de actuación do Comité, as persoas candidatas terán que reunir os seguintes requisitos:
- Ser nacional dun Estado membro.
 - Ter unha titulación universitaria.
 - Ter coñecemento en dúas linguas oficiais da Unión Europea, tendo que ser unha delas o inglés ou o francés.
 
Podes consultar máis información sobre esta oportunidade na seguinte 
ligazón.
GUÍA DE PRÁCTICAS DA FUNDACIÓN GALICIA EUROPA