Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

31/01/2022

Galicia asume a coordinación das CCAA na UE en materia de emprego e asuntos sociais

5498F_1643646064_IMG_CONSEJO.jpg
  • Hoxe tivo lugar a reunión de traspaso entre Castela - A Mancha e Galicia
  • A coordinación galega ten lugar durante o primeiro semestre de 2022, coincidindo coa Presidencia francesa da UE que se fixa como gran ambición desenvolver un novo modelo de crecemento europeo que ofreza aos traballadores empregos de calidade, cualificados e mellor remunerados

Bruxelas, 1 de febreiro.- A Junta de Comunidades de Castilla -La Mancha cedeu hoxe o testemuño á Xunta de Galicia na coordinación autonómica no Consello da UE en materia de emprego, asuntos  sociais e igualdade, nunha reunión virtual á que asistiron a Secretaria Xeral de Emprego, Covadonga Toca; a Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, e a directora da oficina en Bruxelas da Fundación Galicia Europa, Ana Ramos. 

Deste xeito, Galicia vai representar durante o primeiro semestre de 2022, e nesta área temática, ao resto de comunidades autónomas no Consello da UE, institución que reúne aos 27 Estados membros para negociar e adoptar a lexislación comunitaria, na maioría de casos xunto ao Parlamento Europeo. En materia de emprego e política social, o Consello coordina, ademais, as políticas nacionais, elaborando directrices e recomendacións anuais aos Estados membros. 

Este semestre, o Consello da UE está presidido por Francia, país que asume ambiciosos obxectivos para impulsar a competitividade europea, en particular, mediante o fomento dun novo modelo de crecemento europeo que ofreza aos traballadores empregos de calidade, cualificados e mellor remunerados. A este respecto, está a debate no Consello dúas propostas de directiva para asegurar uns salarios mínimos adecuados na UE e para mellorar as condicións dos traballadores das plataformas dixitais, así como dúas recomendacións sobre as chamadas ”contas de aprendizaxe individuais” e sobre o impacto social e laboral da transición climática.

En materia de Igualdade, o Consello está a debater unha directiva para garantir a igualdade de retribución por un mesmo traballo e outra sobre a representación feminina nos consellos de administración das grandes empresas. No relativo á inclusión social, a Presidencia francesa fará un seguimento da posta en marcha da ”Garantía Infantil Europea”, que os Estados membros adoptaron o ano pasado co obxectivo de reducir en cinco millóns (dos 18 existentes) de aquí o 2030 o número de nenos en risco de pobreza ou exclusión social. Tamén proseguirá os traballos da Plataforma Europea para Combater o Senfogarismo, creada o ano pasado co obxectivo de acabar co problema das persoas sen fogar de aquí a 2030. 


Participación autonómica no Consello da UE

Desde o ano 2005, as comunidades autónomas participan en determinadas formacións do Consello da Unión Europea, en aplicación dos acordos do 9 de decembro de 2004, adoptados pola Conferencia para Asuntos Relacionados coa Unión Europea (CARUE). 

O modelo contempla, dentro do principio de unidade de representación exterior do Estado e de lealdade institucional, a presenza directa no Consello da UE de representantes autonómicos, con rango de conselleiro, en diversos niveis: grupos de traballo e Consello de Ministros. O representante autonómico incorpórase á delegación española nas reunións do Consello da UE en representación das demais comunidades e poderá solicitar o uso da palabra á xefatura da delegación se están a debaterse cuestións que afecten a competencias autonómicas e existe unha posición común. 

Galicia xa asumiu a representación autonómica en materia de emprego e asuntos sociais en tres ocasións anteriores. 


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante