Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

21/12/2021

O Plan de acción da UE para impulsar a economía social e crear postos de traballo

5483F_1640097694_visual-stories-micheile-ZVprbBmT8QA-unsplash.jpg
  • A Comisión Europea vén de presentar o primeiro Plan de Acción para a Economía Social a nivel europeo, que ten por obxectivo aproveitar o potencial deste sector para a creación de emprego e crecemento. 
  • O plan de acción pon en marcha unha «vía de transición» para contribuír as transicións xemelas, en diálogo coas autoridades públicas e as partes interesadas, e unha enquisa aos cidadáns para que expresen a súa opinión sobre a mesma.

Bruxelas, 21 de decembro de 2021. A Comisión Europea vén de presentar un plan de acción para axudar á economía social europea a prosperar, aproveitando o seu potencial económico e de creación de emprego, así como a súa contribución para unha recuperación xusta e inclusiva, e para as transicións ecolóxica e dixital.

As organizacións da economía social son entidades que priorizan os fins sociais e ambientais, reinvestindo nelas mesmas a maior parte dos seus beneficios. Estas entidades abarcan gran variedade de sectores e adoptan diversas formas, desde cooperativas ata empresas sociais. O reforzo da economía social non só crea postos de traballo, senón que tamén permite ás organizacións aumentar o seu impacto social en toda a UE. 

O Plan de Acción para a Economía Social busca facilitar o progreso e o crecemento das organizacións de economía social intervindo en tres ámbitos:

  • A creación de condicións favorables para que a economía social prospere
Para que a economía social prospere, é fundamental crear unha contorna adecuada con marcos xurídicos e de políticas. Isto inclúe os marcos relativos á fiscalidade, á contratación pública e ás axudas estatais, que deben adaptarse ás necesidades da economía social.

Para abordar estas cuestións, a Comisión propoñerá unha recomendación do Consello sobre o desenvolvemento das condicións marco da economía social en 2023. Tamén publicará orientacións para os Estados membros sobre os marcos fiscais para as organizacións da economía social e facilitará o acceso ás orientacións sobre axudas estatais. O plan de acción tamén ten por obxecto mellorar as boas prácticas en materia de contratación pública socialmente responsable e promover a economía social fora das fronteiras da UE.
  • A apertura de oportunidades para a posta en marcha e a expansión das organizacións da economía social
O apoio ao desenvolvemento empresarial debe axudar a que as entidades da economía social inicien a súa actividade e se expandan, así como a promover a reciclaxe profesional e a mellora das capacidades dos seus traballadores. Para o período 21-27, o Marco Financeiro Plurianual prevé destinar en torno a 2 500 millóns de euros á economía social.

Entre outras accións, a Comisión lanzará en 2022 novos produtos financeiros no marco do programa InvestEU, mellorará o acceso ao financiamento e creará un Centro Europeo de Competencia para a Innovación Social. Ademais, a Comisión poñerá en marcha en 2023 un novo portal europeo de economía social, a fin de garantir que os axentes da economía social poidan atopar nun mesmo lugar toda a información que necesiten sobre financiamento, políticas, formación e iniciativas da UE
  • Garantir o recoñecemento da economía social e o seu potencial
O plan de acción pretende dar visibilidade á economía social e mellorar o recoñecemento do seu traballo e do seu potencial. A Comisión levará a cabo actividades de comunicación que salienten as funcións e as particularidades da economía social. Así mesmo, iniciará un estudo para recoller datos cualitativos e cuantitativos que axuden a comprender mellor a economía social en toda a UE. Entre outras moitas actividades, tamén organizará cursos de formación para funcionarios sobre diversos temas pertinentes para a economía social e a fomentará a nivel rexional e local á vez que promoverá os intercambios transfronteirizos.

Ademais, co plan de acción a Comisión pon en marcha unha «vía de transición» para contribuír ás transicións ecolóxica e dixital da economía social, en diálogo coas autoridades públicas e as partes interesadas. Con este fin, a Comisión pon tamén á disposición dos cidadáns unha enquisa ata o 28 de febreiro de 2022 para que expresen a súa opinión sobre a vía de transición.

Contexto
A economía social engloba gran variedade de empresas, organizacións e entidades xurídicas que centran a súa misión nas persoas e o medio ambiente, e reinvisten a maior parte dos seus beneficios na propia organización ou nunha causa social concreta. 

O plan de acción para a economía social basease na iniciativa en favor do emprendemento social de 2011, e é o resultado dun amplo proceso de consulta cos cidadáns e as partes interesadas. 

Más información: Comisión Europea
Preguntas y respuestas: Plan de Acción para la Economía Social
Ficha informativa: Plan de Acción para la Economía Social
Comunicación: Plan de Acción para la Economía Social
Documento de trabajo de los servicios de la Comisión sobre el Plan de Acción para la Economía Social
Documento de trabajo de los servicios de la Comisión sobre la vía de transición y encuesta de la UE al respecto.
Sitio web del Plan de Acción para la Economía Social


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante