Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

15/12/2021

A Xunta e a Comisión Europea abordan o marco normativo das Axudas de Estado

5480F_1639566843_Ayudas_de_Estado.jpg
  • A directora da Fundación Galicia Europa inaugura a novena e última reunión do ano do ciclo “FGE | Next Generation Galicia”

Bruxelas, 15 de decembro de 2021.- Hoxe, a Xunta e a Comisión Europea déronse cita novamente no ciclo de encontros virtuais “FGE | Next Generation Galicia” da Fundación Galicia Europa.

Nesta última reunión do ano, moderada pola directora da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, Ana Ramos, unha ampla representación da Xunta de Galicia puido abordar coa xefa de unidade adxunta na Dirección Xeral de Competencia da Comisión Europea, María Muñoz de Juan, as novidades relativas ao o proceso de revisión do marco normativo de Axudas de Estado. Unha política de competencia da UE que, ao igual que o ocorrido en moitas outras áreas tamén tivo que adaptarse ás novas circunstancias impostas pola crise sanitaria.

A revisión do marco normativo de Axudas de Estado, que vai dende o establecemento dunha nova prórroga do Marco Temporal ata a recente aprobación das Directrices sobre axudas rexionais, aséntase nos piares da recuperación, tendo como obxectivo principal permitir que a industria comunitaria lidere as transicións xemelgas ó tempo que se fomenta a resiliencia do mercado único.

Ciclo de encontros virtuais Xunta-UE da FGE

Primeiro baixo o nome de Galicia na recuperación económica da UE e agora como “FGE | Next Generation Galicia”, o ciclo de encontros virtuais da FGE tratou, desde a súa posta en marcha en setembro de 2020, numerosos temas de relevancia para Galicia como a transición verde, a Estratexia Industrial para Europa ou a futura política de cohesión 2021-2027. Nestes encontros participan responsables políticos e técnicos dos departamentos da Xunta e da Comisión Europea. Co cambio de nome, a FGE quere subliñar o rol que está a desempeñar para dar apoio técnico á comisión Next Generation Galicia, creada polo Goberno galego para identificar proxectos susceptibles de ser financiados polo instrumento europeo de recuperación NextGeneration EU.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante