Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

21/09/2021

A Fundación Galicia Europa celebra o día da cooperación europea apoiando a economía social como reto no emprendemento xuvenil

5415F_1632319731_Reuni__n_FGE.jpg
  • O 21 de setembro celébrase o Día da Cooperación Europea para conmemorar os logros acadados polos pobos, rexións e Estados europeos que traballan xuntos máis aló das súas fronteiras
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2021. A Fundación Galicia Europa, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, o Human Power HUB e a Dirección de Cohesión Social e Solidariedade do municipio de Braga reuníronse na sede da Fundación Galicia Europa en Santiago de Compostela para afondar nas relacións entre organizacións que apoian a economía social entre Galicia e o Norte de Portugal; establecer contactos entre organizacións públicas; fomentar a economía na mocidade; e promover o emprendemento social entre a xuventude. 

O 21 de setembro celébrase o Día da Cooperación Europea para conmemorar os logros acadados polos pobos, rexións e Estados europeos que traballan xuntos máis aló das súas fronteiras. Foi, pois, unha data excepcional para exaltar o compromiso e a responsabilidade que estas entidades teñen amosado no eido da cooperación, sobre todo transfronteiriza, entre ambas rexións, e seguir deseñando novos proxectos que dean o pulo necesario á mocidade na economía social.

Asistiron á reunión Pilar del Oro (Fundación Galicia Europa), Belén Mendoza (Cámara de Comercio de Santiago de Compostela), Carlos Sousa Santos (Human Power HUB) e António Direito (Cámara de Comercio de Braga).

Ademais, ao longo da mañá, recibiuse a un grupo de organizacións de economía social de Braga que remataran o Camiño de Santiago. O grupo estaba conformado por mozos, voluntarios, emprendedores e técnicos que traballan, moitos deles, como voluntarios nos ámbitos da economía social.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante