Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

13/09/2021

A Fundación Galicia Europa participa nas xornadas sobre mobilidade laboral da Asociación Área Empresarial do Tambre

5413F_1632229946_Tambre_1.jpg
  • O obxectivo das xornadas é promover un coñecemento e unha actitude positiva cara a mobilidade laboral e a procura de emprego no estranxeiro
  • As oportunidades de prácticas na UE e o Corpo Europeo de Solidariedade foron os temas principais abordados pola FGE durante a xornada
Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2021. A Fundación Galicia Europa participou hoxe nas xornadas “Mobilidade laboral e procura de emprego por Europa” da Asociación Área Empresarial do Tambre, enmarcada no Programa Integrado de Emprego. 

O obxectivo xeral desta actividade é promover un coñecemento e unha actitude positiva cara a mobilidade laboral e a procura de emprego no estranxeiro, dando resposta ós interrogantes relacionados coa planificación da busca de emprego e ós requisitos necesarios para aplicar ás diferentes ofertas a nivel europeo.

A xornada, levada a cabo de xeito virtual, contou coa participación, por parte da Fundación Galicia Europa, de Jonatan Santos, quen falou sobre o Corpo Europeo de Solidariedade e explicou as diferentes bolsas e oportunidades de prácticas laborais que existen na Unión Europea.

Outros relatores do seminario foron: Covadonga López López, en representación da Rede EURES, que realizou unha presentación sobre a rede e as posibilidades laborais que ofrece; Belén Mendoza, da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, que falou sobre o programa Erasmus Emprendedores para a mocidade; e Cristina Villadóniga, de Europa Direct A Coruña, que presentou á entidade e as súas funcións e actividades.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante