Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
15/09/2021
Bruxelas, 15 de setembro de 2021- A Comisión Europea vén de sacar á luz o paquete lexislativo “Obxectivo 55” (Fitfor55), que ten como obxectivo impulsar de aquí a 2030, a redución en polo menos un 55% das emisións de gases de efecto invernadoiro con respecto aos niveis de 1990, como paso previo para acadar a neutralidade climática en 2050. Este obxectivo intermedio, que se incrementou en 15 puntos porcentuais grazas á ambición da Lei do Clima Europea, fixo necesario revisar os instrumentos pertinentes para cumprir coas reducións adicionais de emisións, para así adaptar as políticas da UE en materia de clima, enerxía, transporte e fiscalidade.
PROPOSTAS
1. CLIMA
Ante o risco de que as empresas deste dous sectores repercutan este novo custo nos consumidores finais e para que isto non afecte ós fogares e consumidores máis desfavorecidos, a Comisión Europea propón un Regulamento polo que se establece un Fondo Social para o Clima:
- Contará cun orzamento de 72 200 millóns de euros para o período 2025-2032, dividido en asignacións nacionais. No suposto español, esta asignación será de case 7 600 millóns de euros para o período 2025-2032.
- A dotación do Fondo debería corresponder, en principio, ó 25% dos ingresos derivados da poxa dos dereitos de emisión dos edificios e do transporte por estrada.
- Cada Estado membro deberá elaborar un Plan Social para o Clima, que deberá ser presentado xunto coas actualizacións dos Plans Nacionais de Enerxía e Clima a máis tardar en xuño de 2024 para ser avaliado e aprobado pola Comisión Europea. Os pagos das asignacións financeiras de cada Estado membro (non máis de dous ó ano) realizaranse unha vez que se completen os obxectivos indicados nos Plans Sociais.
2. ENERXÍA
O
consumo de enerxía representa o 75 % das emisións da UE, polo que a
transformación do sistema enerxético é fundamental para alcanzar as ambicións
climáticas da UE:
3. TRANSPORTE
O
transporte representa case unha cuarta parte das emisións de gases de efecto
invernadoiro da UE e considérase a principal causa de contaminación atmosférica
nas cidades. Será necesaria unha redución do 90 % das emisións de transporte
ata 2050, en comparación cos niveis de
1990, para acadar a neutralidade climática.
4. FISCALIDADE
PRÓXIMOS PASOS
As propostas de “Obxectivo 55” seguirán o percorrido típico do proceso lexislativo ordinario, debendo ser aprobadas por Parlamento Europeo e Consello da UE tras as modificacións pertinentes aportadas por ambas as dúas institucións.
Paralelamente, os Estados membros deberán adaptar ós seus Plans nacionais de Enerxía e Clima ós novos obxectivos marcados polas propostas deste paquete lexislativo. A primeira actualización, despois da presentación dos Plans ante a Comisión Europea en 2019, deberá levarse a cabo necesariamente antes de que remate 2024.
CONTEXTO
En decembro de 2019 lanzouse o Pacto Verde Europeo, co que se establece “unha nova estratexia de crecemento destinada a transformar a UE nunha sociedade equitativa e próspera, cunha economía moderna, eficiente no uso de recursos e competitiva, na que non haberá emisións de gases de efecto invernadoiro en 2050 e o crecemento económico estará disociado do uso de recursos ”
Este obxectivo, que adquire un carácter vinculante,
require unha redución das emisións de gases de efecto invernadoiro do 55% de aquí
a 2030, segundo o referendado polo Consello Europeo de decembro
de 2020 e o establecido na Lei do Clima Europea, que entrou en
vigor en xullo de 2021.Isto fixa o marco de actuación dos próximos anos para
reducir as emisións, o cal deberá aplicarse a través de lexislación específica
(nova ou revisada) que abarque ámbitos como as enerxías renovables, o comercio
dos dereitos de emisión, a fiscalidade da enerxía ou as emisións de turismos,
tal e como fai “Obxectivo 55”.
MÁIS INFORMACIÓN
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante