10/09/2021
A xuventude tamén participa na Semana Europea das Rexións e Cidades
- Durante o 11 e 14 de outubro, celébranse distintos foros e sesións sobre a importancia do rol da mocidade na construción do futuro da UE.
Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2021. Como cada ano, ábrese o prazo para rexistrarse na décimo novena edición da Semana Europea das Rexións e Cidades, que acollerá entre o 11 e 14 de outubro un total de 300 sesións destinadas á política de cohesión, a transición verde, a transición dixital e a participación da cidadanía.
Este ano, a nova plataforma permite rexistrarse ás sesións até o último momento e facilita a creación de redes entre as persoas, ao incluír a posibilidade de agregar amizades, enviar mensaxes e ver que persoas participan en cada evento.
Durante o 11 e 14 de outubro, celébranse distintos foros e sesións sobre a importancia do rol da mocidade na construción do futuro da UE. Co obxectivo de que a mocidade galega participe de maneira máis activa nos asuntos comunitarios, desde a Fundación Galicia Europa queremos convidala a implicarse nas sesións que maior interese lle susciten. De entre a variedade que recolle o programa, recomendamos as seguintes xornadas polo seu valor informativo e complementariedade coas iniciativas que levamos a cabo desde a Fundación:
- O martes, 12 de outubro...
- O mércores, 13 de outubro...