Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
26/07/2021
Ver máis...
Bruxelas, 23 de xullo de 2021- A Comisión Europea vén de adoptar as súas Directrices sobre axudas estatais de finalidade rexional (DAR) 21-27, que os Estados membros deben ter en conta no momento de conceder axudas de Estado a empresas, coa finalidade de apoiar o desenvolvemento económico das rexións máis desfavorecidas da UE.
As axudas rexionais configúranse como unha ferramenta
imprescindible para aliviar as dificultades das rexións con problemas
económicos inherentes, así como para mitigar as consecuencias adversas da
asignación desigual de recursos derivada da integración do mercado, e máis
concretamente, o desequilibrio estrutural entre certas rexións en termos de
despoboamento, distribución de ingresos e desemprego.
TIPOS DE AXUDA E CONDICIÓNS DE CONCESIÓN
1.
Mapas
de axudas rexionais
1.a) Zonas e mapas
Nos anexos I e II das Directrices veñen definidas as zonas “a” e as zonas “c” predeterminadas, que deberán ser sinaladas como tal nos mapas de axudas rexionais, que serán completados coas zonas “c” non predeterminadas, designadas polos Estados membros. Estes tamén deberan especificar as intensidades máximas de axudas.
O mapa de axudas rexionais deberá ser notificado á Comisión
Europea e aprobado por esta antes de que poida concederse axuda rexional ás
empresas situadas nas zonas designadas.
1.b) Cobertura de poboación
A cobertura máxima global das zonas “a” e “c” fíxase nun 48% da poboación da UE-27, o que implica un incremento dun punto porcentual con respecto ás DAR 14-20, dada a retirada do Reino Unido da UE.
1.c) Axudas a grandes empresas
A as intensidades máximas de axudas foron incrementadas con respecto ás DAR 14-20, que nas zonas “c”, só contemplaban tres supostos: o 15% en zonas con moi baixa densidade de poboación, o 10% en antigas zonas “a” e o 10% en zonas “c” non predeterminadas (ver esquema)
Ademais:
2. Ámbito de aplicación
O marco das axudas rexionais, aplicable tanto ós réximes de axudas de finalidade rexional como ás axudas individuais notificables, está aberto a todos os sectores excepto ás exclusións establecidas nas DAR:
Ademais:
3. Notificación
3.a) Axudas notificables
Como norma xeral, as axudas de finalidade rexional deberán ser
notificadas á Comisión Europea, excepto se compren as condicións establecidas
no Regulamento Xeral de Exención por Categorías, que tamén se revisará a este
respecto e que foi prorrogado ata finais de 2023. Porén, na práctica, a maioría
das axudas cubertas polas DAR deberían estar exentas, tendo a Comisión que
autorizar formalmente só aquelas axudas que superen determinados límites.
3.b) Análise da compatibilidade
A Comisión Europea só considerará que unha axuda de finalidade rexional é compatible co artigo 107.3 TFUE se contribúe ó desenvolvemento rexional e á cohesión. O seu obxectivo debe ser favorecer o desenvolvemento económico das zonas “a” ou facilitar o desenvolvemento das zonas “c”, cumprindo, ademais, con cada un dos seguintes criterios:
Efecto incentivador: a axuda ten que que modificar o comportamento das empresas afectadas de tal xeito que emprendan unha actividade adicional que non desenvolverían sen a axuda ou que emprenderían dun xeito restrinxido, diferente, ou noutro lugar.
4. Custos subvencionables
4.a) Axudas ó investimento
Serán considerados custos subvencionables:
4.b) Axudas de funcionamento
Os custos subvencionables deben estar predefinidos e ser totalmente atribuíbles ós problemas que se pretenden solucionar coa axuda, o que debe ser demostrado polo Estado membro.
5. Rexime de transición xusta
A transición verde carrea consecuencias sociais e económicas que deben ser mitigadas, polo que xa se están creando diferentes instrumentos europeos que garantirán que “ninguén se quede atrás”, como o Fondo de Transición Xusta (FTX), no que a provincia de A Coruña xa foi identificada como área beneficiaria debido ó peche das centrais térmicas de As Pontes e Meirama.
Tal e como sinalan as DAR 21-27, “nos territorios máis afectados pola transición climática, as vantaxes estruturais das que dispoñen as grandes empresas poderían non ser suficientes para acadar o nivel de investimento vital que garanta unha transición socioeconómica equilibrada e ofrecer suficientes oportunidades de emprego para compensar as perdas de postos de traballo derivadas do peche de actividades económicas provocado pola transición” Debido a isto, nas zonas “c” poderán considerarse tamén compatibles co mercado interior as axudas rexionais a grandes empresas que impliquen:

Sempre que se cumpran as seguintes tres condicións de maneira acumulativa:
Esta flexibilización do marco de axudas estatais poderá repercutir na xestión do Fondo de Transición Xusta: o seu orzamento (no que a asignación de España se corresponde con 790 millóns de euros) verase complementado de maneira voluntaria polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) ou polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), e o cofinanciamento nacional segundo o establecido polas normas da política de cohesión. Neste sentido, moitas rexións poderían valorar a posibilidade de transferir o máximo de diñeiro posible de FEDER e o FSE+ ó FTX, posto que unha vez que os recursos sexan liberados, as regras aplicables serán as deste último.
CONTEXTO
As normas sobre axudas estatais estanse revisando en 2021 tendo en conta os obxectivos do Pacto Verde Europeo e as novas Estratexia Industrial e Estratexia Dixital europeas. As DAR, que entrarán en vigor en 2022 e estarán vixentes ata 2027, configúrase como o primeiro conxunto de normas revisadas que sae á luz para avanzar neste proceso.
En xuño de 2020, a Comisión Europea puxo en marcha unha consulta pública acerca do proxecto de revisión das DAR, solicitando as aportacións das partes interesadas ata finais de setembro. O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) participou sinalando tanto o carácter restritivo das DAR como a diferencia de intensidade das axudas entre Galicia e Portugal, ó tempo que tomaba parte na redacción da posición da Conferencia de Rexións Marítimas e Periféricas (CRPM), presentada para tamén dar resposta a esta consulta pública.
As consecuencias da revisión das DAR foron abordadas, ademais,
polo vicepresidente segundo nun encontro virtual mantido a comezos de
decembro de 2020 co director xeral adxunto de Axudas de Estado da Comisión
Europea.
PRÓXIMOS PASOS
Sobre a base das Directrices revisadas, os Estados membros terán agora que redactar un mapa único de axudas rexionais aplicable dende o 1 de xaneiro de 2022 ata o 31 de decembro de 2027, que deberá ser notificado á Comisión Europea e aprobado por esta, para ser finalmente publicado no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) como parte integrante das DAR.
As DAR 21-27 entrarán en vigor o 1 de xaneiro de 2022 e aplicaranse ata finais de 2027, cunha revisión intermedia prevista para 2023. Ata que chegue ese momento, serán aplicables as DAR 14-20, que a Comisión Europea prorrogou ata finais de 2021 para aportar seguridade xurídica.
INFORMACIÓN ADICIONAL
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante