Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

15/07/2021

Os dirixentes rexionais comprométense a poñer en marcha ‎unha «Alianza de Rexións pola Democracia Europea» para mellorar‎ o impacto político das rexións a escala da UE

5386F_1626355809_4539_Camp1_event_EN_1200x628.jpg
  • Os presidentes dos parlamentos rexionais e das rexións subscribiron o pasado 29 de xuño unha declaración na que se comprometen a utilizar a súa forza e diversidade para representar mellor os intereses comúns rexionais e crear unha sólida masa crítica que poida ter un impacto real no proceso decisorio da UE.
Bruxelas, 15 de  xullo de 2021. Os presidentes de parlamentos rexionais con ou sen competencias lexislativas, os presidentes das rexións e outras entidades rexionais suscribiron unha Declaración que constitúe o punto de partida dunha Alianza de Rexións pola Democracia Europea, cuxo obxectivo é mellorar o impacto político das rexións no proceso decisorio europeo en asuntos directamente relacionados co labor dos entes locais e rexionais. A rúbrica tivo lugar durante o acto político «O lugar das rexións na arquitectura da Unión Europea no contexto da Conferencia sobre o Futuro de Europa» , organizado polo Comité Europeo das Rexións (CDR), a Conferencia de Asembleas Lexislativas Rexionais Europeas (CALRE) e o Goberno da Rexión Autónoma dos Azores. A Declaración tamén pide á Conferencia sobre o Futuro de Europa (CoFoE) que debata o papel das rexións na arquitectura institucional da UE e perfecciónea para atender mellor as necesidades dos cidadáns.

Durante a reunión o presidente do CDR, Apostolos Tzitzikostas (EL/PPE), declarou que todas as rexións teñen un impacto crucial no plano nacional e europeo, xa que os entes rexionais e locais aplican o 70% da lexislación da UE e representan un terzo do gasto público e a metade dos investimentos públicos, polo que estas responsabilidades xurídicas e este mandato democrático deben terse plenamente en conta no nivel europeo e nacional. A Declaración busca poñer en marcha unha Alianza Política de Rexións pola Democracia Europea co obxectivo de mellorar a maneira en que as rexións inflúen na toma de decisións da UE. 

Así mesmo, Gustavo Matos Expósito (ES/PSE), presidente do Parlamento de Canarias e da CALRE, engadiu que os parlamentos rexionais e as asembleas lexislativas da UE representan á cidadanía das súas rexións, a través dos seus representantes elixidos, polo que son instrumentos fundamentais para lograr a participación da cidadanía no proceso de redefinición da UE no marco da CoFoE. Finalmente, Vasco Alves Cordeiro (PT/PSE), vicepresidente primeiro do CDR e membro do Parlamento Rexional dos Azores, concluíu o acto engadindo que a declaración é o documento fundacional dunha Alianza de Rexións pola Democracia Europea e que a mobilización das autoridades locais e rexionais é crucial para a CoFoE, debendo reforzar o seu papel político na aplicación, pero tamén na definición de todas as políticas pertinentes para as comunidades.

Declaración «O lugar das rexións na arquitectura da Unión Europea no contexto da Conferencia sobre o Futuro de Europa»
A Declaración «O lugar das rexións na arquitectura da Unión Europea no contexto da Conferencia sobre o Futuro de Europa» pode subscribirse aquí.

Nela recóllese que:
  • As rexións, e en particular as rexións con poderes lexislativos, teñen responsabilidades xurídicas e políticas na elaboración e aplicación da lexislación da Unión Europea e achegan un valor engadido á Unión Europea.
  • As rexións e os seus dirixentes políticos están preto da súa poboación e contribúen a reforzar a confianza dos cidadáns na democracia europea. En relación cos principios de subsidiariedade e proporcionalidade, as rexións desempeñan un papel fundamental dentro dos Estados membros. Por iso, as iniciativas existentes como a RegHub do CDR e a plataforma Fit for Future da Comisión Europea son benvidas e deberían seguir desenvolvéndose co apoio dos recursos da Unión Europea.
  • Os representantes comprométense a utilizar a CoFoE para establecer un diálogo cos cidadáns e usala como unha oportunidade para desenvolver un debate sobre o lugar das rexións na arquitectura democrática da UE e reforzar a confianza entre os cidadáns europeos. O obxectivo político a longo prazo da declaración é aumentar o impacto político das rexións a nivel europeo en asuntos con relevancia directa para o traballo das autoridades locais e rexionais.
  • O CDR é unha forma valiosa de representar os obxectivos institucionais e políticos dos entes locais e rexionais, polo que deben traballar xuntos como Alianza política das Rexións pola democracia europea. Os representantes dos entes locais e rexionais comprométense a utilizar a súa experiencia e mandato democrático para garantir que as voces e as necesidades dos cidadáns se escoiten mellor e se sigan con accións a nivel europeo.

Máis información: Comité Europeo das Rexións


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante