Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

06/07/2021

Ánxeles Vázquez inaugura a exposición da Fundación Galicia Europa sobre o Pacto Verde Europeo

5376F_1625562989___nxelez_V__zquez.jpg Ver máis...

Bruxelas, 6 de xullo de 2021. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, destacou esta tarde que Galicia é unha rexión referente na aplicación do Pacto Verde Europeo, tal e como evidencia a redución das emisións de gases efecto invernadoiro nun 23,8%, respecto de 1990; polo que Galicia está contribuíndo en 32 puntos por riba da media nacional aos obxectivos de España e da Unión Europea.

Vázquez Mejuto e o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, inauguraron hoxe unha exposición sobre esta iniciativa europea –organizada pola Fundación Galicia Europa-, que desde hoxe se pode visitar na Alameda de Santiago e que xa recalou noutros concellos galegos, como en A Coruña, Oroso, Ferrol ou Vimianzo.

A conselleira de Medio Ambiente destacou que Galicia está fortemente comprometida co Pacto Verde e leva anos asumindo metas para contribuír a acadar a neutralidade climática e loitar contra o cambio climático.


A acción do Goberno galego neste eido está marcada por varios fitos, como a aprobación das estratexias de economía circular e de cambio climático e enerxía e da nova Lei de residuos, así como no feito de asumir a coordinación do Pacto das alcaldías para o clima e a enerxía, citou a conselleira.

Engadiu que –a pesar do camiño avanzado- existen novas metas para un futuro inmediato, como impulsar a Alianza galega polo clima e traballar para conseguir unha Administración autonómica neutra en carbono en 2040, grazas a redución das emisións e impulsando proxectos que poñan en valor a capacidade dos espazos naturais.

Imaxes relacionadas


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante