Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

07/06/2021

Novo desembolso do instrumento SURE: España recibe 3 370 millóns de euros en bonos sociais

5347F_1623060948_josh-appel-NeTPASr-bmQ-unsplash.jpg
  • A Comisión Europea vén de desembolsar 14 137 millóns de euros a 12 Estados da UE con cargo ao instrumento SURE, no que España recibiu 3 370  millóns de euros. Trátase do cuarto desembolso de 2021.
  • España, como un dos Estados membros que se beneficiará destes bonos, recibirá a suma de 21.300 millóns de euros.

Bruxelas, 7 de xuño de 2021. A Comisión Europea vén de desembolsar 14 137 millóns de euros a 12 Estados membros no sétimo tramo da axuda financeira con cargo ao instrumento SURE. Neste caso, España recibiu 3 370 millóns de euros, Grecia 2 540 millóns, Portugal 2 410 millóns, Bélxica 2 000 millóns, Polonia 1 560 millóns, Italia 751 millóns, Bulgaria 511 millóns,  Lituania 355 millóns, Estonia 230 millóns, Malta 177 millóns, Chipre 124 millóns e Letonia 113 millóns. Esta é a primeira vez que Bulgaria e Estonia reciben financiamento con cargo ao instrumento. Os outros dez países da UE xa se beneficiaron de préstamos con cargo ao SURE.

Estes préstamos do instrumento SURE proporcionarán asistencia aos Estados membros para facer fronte ao aumento repentino do gasto público co fin de preservar o emprego tras a pandemia. Máis en concreto, contribuirán a sufragar os seus custos relacionados directamente co financiamento dos réximes nacionais de redución do tempo de traballo e outras medidas similares adoptadas en resposta á COVID-19, incluídas as destinadas aos traballadores por conta propia. Os desembolsos veñen precedidos da emisión do sétimo tramo de bonos sociais do instrumento SURE da UE, que suscitou un interese considerable entre os investidores no contexto das difíciles condicións do mercado.

Con este desembolso, a UE proporcionou case 90 000 millóns de euros en préstamos cruzados. Todos os Estados membros que solicitaron beneficiarse do réxime recibiron unha parte ou a totalidade da cantidade solicitada. A visión xeral dos importes desembolsados ata a data está dispoñible en liña, do mesmo xeito que os importes totais por Estado membro

En conxunto, dezanove Estados da UE recibirán un total de 94 300 millóns de euros de axuda financeira no marco de SURE, previa aprobación polo Consello da Unión Europea sobre a base dunha proposta da Comisión. Os países aínda poden presentar solicitudes para recibir axuda financeira no marco de SURE, que conta cunha capacidade global de ata 100 000 millóns de euros e está dispoñible ata finais de 2022.

Contexto
Como parte da resposta a crise da COVID-19, a Comisión propuxo SURE a principios de abril como programa para preservar o emprego e os medios de subsistencia. Os Estados membros reunidos no Consello adoptaron o Regulamento polo que se creou SURE o 19 de maio de 2020. 
O 18 de maio de 2021, a Comisión Europea emitiu o sétimo bono social no marco do programa  SURE da UE. 

A emisión constou dun bono social de dobre tramo de 14 137 millóns de euros dividido en dous vencementos distintos: 8 137 millóns de euros deben reembolsarse en xullo de 2029 e 6 000 millóns de euros en xaneiro de 2047. As demandas de subscrición do sétimo bono  SURE superaron en máis de seis veces a oferta. Todas as emisións suscitaron un gran interese entre os investidores e colocáronse no mercado en condicións de prezos favorables, o que garantiu unhas boas condicións de prezos que a Comisión está a repercutir directamente aos Estados membros beneficiarios.

Os bonos que a UE emite con cargo ao instrumento SURE teñen a categoría de bono social, o que dá aos investidores a seguridade de que os fondos mobilizados destinaranse a un verdadeiro obxectivo social.

Más información: Comisión Europea
Página web de la UE como prestataria
Séptima emisión SURE
Reglamento SURE
Ficha informativa: SURE: Apoyo a los Estados miembros para contribuir a la protección del empleo y los trabajadores
Preguntas y respuestas: la Comisión propone SURE
Respuesta al coronavirus
Marco de bonos sociales
Página web de SURE


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante