Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
19/05/2021
Bruxelas, 7 de maio de 2021- Tal e como sinala a Comisión Europea, os premios da Nova Bauhaus Europea, que forman parte da súa fase de deseño, configúranse somo un medio para “capitalizar a riqueza existente de coñecementos, experiencias e capacidades, así como para acadar novas visións, ideas e solucións” no proceso impulsado por este novo movemento. O seu obxectivo é claro: acelerar a transición verde, contribuír á recuperación e garantir unha mellor convivencia.
Trátase da primeira convocatoria que se lanza dentro desta iniciativa, que permanecerá aberta ata o 31 de maio de 2021.
Aqueles que o desexen, poderán presentarse a través de dúas liñas ben diferenciadas:
A) Os Premios da Nova Bauhaus Europea (“New European Bauhaus Awards”): orientada a proxectos que estean finalizados no momento no que se presenta a obra a concurso. Poden ser conceptos, prototipos ou solucións que xa teñan sido postas en práctica na vida real.
B) Nova Bauhaus Europea das Estrelas Ascendentes (“New European Bauhaus Rising Stars”): destinada a apoiar conceptos ou prototipos que contan cun plan de desenvolvemento e que teñen visión de futuro para ser postos en marcha no ano vindeiro. Diríxese a persoas menores de 30 no momento de presentar a candidatura.
Existen, ademais, dez categorías nas que encaixar a candidatura:
Outras informacións
Para participar é necesario facer chegar a candidatura a través da páxina web oficial da Nova Bauhaus Europea. Ademais, a Guía para candidatos da todos os detalles para presentar un proxecto con garantías de éxito.
Tras o peche da convocatoria a finais de maio, o proceso de selección contará co voto dos subscritores boletín informativo da Nova Bauhaus Europea así como dos socios oficiais da iniciativa.
Contexto
O obxectivo da Nova Bauhaus Europea, anunciada por Ursula von der Leyen, presidenta da Comisión Europea, no seu discurso sobre o estado da Unión de 2020, é contribuír á transición verde, mellorando a calidade de vida dos cidadáns. Trátase dunha iniciativa enmarcada no Pacto Verde Europeo, a nova estratexia de crecemento sostible da UE.
A Nova Bauhaus europea levará a cabo unha ola de renovación que non só afectara ós sectores económico, tecnolóxico e medioambiental, senón que tamén incluirá o desenvolvemento cultural e social, dando una gran importancia ó proceso creativo. Neste sentido, a Nova Bauhaus desenvolverase cun enfoque interdisciplinar que promoverá a participación de todas as partes interesadas, dende expertos en innovación, enxeñeiros e técnicos ata os axentes activos dos ecosistemas industriais e inversores públicos e privados.
Máis información
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante