Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

06/05/2021

O Compás Dixital: a proxección dixital de Europa para a próxima década

5326F_1620298636_Imagen_1.jpg
  • A Comisión Europea ven de presentar una actualización da súa Estratexia Dixital de febreiro de 2020, marcando os obxectivos dixitais para 2030.
  • Principalmente o Compás Dixital impulsará a capacitación dixital dos cidadáns, o desenvolvemento de infraestruturas dixitais no territorio europeo e a dixitalización das empresas e das administracións públicas. 
  • A Comunicación aposta pola creación dun marco de principios dixitais que protexan os dereitos e valores da UE tamén no ciberespazo.
Bruxelas, 6 de maio do 2021. A Comisión presentou o pasado mes de marzo unha Comunicación, na que corrixía a estratexia dixital de febreiro de 2020, e introducía unha visión e uns obxectivos para o éxito da transformación dixital de Europa de aquí a 2030. 

Esta Comunicación para a próxima Década Dixital responde as conclusións de outubro de 2020 do Consello Europeo, nas que se convidaba á Comisión Europea a presentar un Compás Dixital global que fixase as ambicións da UE para 2030.

Neste sentido, a ambición da UE é ser dixitalmente soberana nun mundo aberto e interconectado, e executar políticas dixitais que impulsen ás persoas e ás empresas en prol dun futuro dixital centrado no ser humano, sostible e máis próspero. Ademais, a transformación dixital é fundamental para culminar a transición cara a unha economía climáticamente neutra, circular e  resiliente.

O Compás Dixital de Europa
A Comisión propón un Compás Dixital para facer realidade as ambicións dixitais da UE para 2030. Estas ambicións viran ao redor de catro puntos crave:

  1. Cidadáns con capacidades dixitais e profesionais do sector dixital altamente cualificados: Para 2030, polo menos o 80 % de todos os adultos debería ter competencias dixitais básicas e debería haber 20 millóns de especialistas en TICs na UE, con máis mulleres adoptando este tipo de traballo.
  2. Infraestruturas dixitais seguras, eficaces e sostibles: Para 2030, todos os fogares da UE deberían ter conectividade de gigabit e todas as zonas poboadas deberían estar servidas por redes 5G. Ademais, Europa debería ter o seu primeiro computador  cuántico.
  3. Transformación dixital das empresas: Para 2030, tres de cada catro empresas deberían utilizar servizos de computación en nube,  macrodatos e intelixencia artificial; máis do 90 % das pemes debería alcanzar polo menos un nivel básico de intensidade dixital; e o número de unicornios da UE debería duplicarse. O termo unicornio fai referencia ás empresas emerxentes (start- ups) que teñen un valor superior a 1 000 millóns de dólares.
  4. Dixitalización dos servizos públicos: Para 2030, todos os servizos públicos clave deberían estar dispoñibles en liña; todos os cidadáns deberían ter acceso ao seu historial médico electrónico; e o 80 % dos cidadáns deberían utilizar unha solución de identificación electrónica.
A Comunicación propón que se acorde un conxunto de principios dixitais, que se poñan en marcha rapidamente importantes proxectos plurinacionais e que se formule unha proposta lexislativa que estableza un marco de  gobernanza sólido, co fin de facer un seguimento dos progresos rexistrados:

Dereitos e principios dixitais para os europeos
Os dereitos e valores da UE constitúen o elemento central da vía dixital europea, polo que a Comunicación recoñece unha visión dixital  antro-potentica, ética e centrada no ser humano (xa que non se pode deixar de recoñecer que o dixital está ao servizo das persoas) e isto tradúcese no recoñecemento dunha serie de dereitos dixitais dos cidadáns

De feito, a Comisión propón crear un marco de principios dixitais que inclúa, por exemplo, o acceso universal a unha conectividade de alta calidade, a suficientes competencias dixitais, a servizos públicos e a servizos en liña equitativos e non discriminatorios, garantindo que os mesmos dereitos que se aplican fóra de liña poidan exercerse plenamente no ciberespazo. 

Estes principios trataríanse nun amplo debate social e poderían consagrarse nunha declaración interinstitucional solemne do Parlamento Europeo, o Consello e a Comisión. Basearíase no Piar Europeo de Dereitos Sociais e o complementarían. E ademais, a Comisión propón saber mediante un  Eurobarómetro anual se os europeos consideran que se respectan os seus dereitos dixitais.

Proxectos plurinacionais
Para facer fronte mellor ás carencias da UE en materia de capacidades cruciais, a Comisión tamén facilitará a rápida posta en marcha de proxectos plurinacionais que combinen investimentos con cargo ao orzamento da UE, os Estados membros e a industria, e aproveiten o Mecanismo de Recuperación e  Resiliencia e outros fondos da UE. 

Nos seus plans de recuperación e  resiliencia, os Estados membros comprometéronse a dedicar polo menos o 20 % a proxectos dixitais (no caso español comprometeuse un 29%). 

Entre os posibles proxectos plurinacionais cabe citar unha infraestrutura  paneuropea interconectada de tratamento de datos; o deseño e despregamento da próxima xeración de procesadores fiables de baixa potencia; e administracións públicas conectadas.

Unha Europa dixital no mundo
A transformación dixital expón retos mundiais. A UE esforzarase por promover o seu programa dixital nas organizacións internacionais e a través de sólidas asociacións dixitais internacionais. A combinación dos investimentos interiores da UE co considerable financiamento dispoñible con cargo aos novos instrumentos de cooperación exterior permitirá á UE colaborar con socios de todo o mundo para alcanzar obxectivos mundiais comúns. A este respecto, a Comisión xa propuxo a creación dun novo  Consello de Comercio e Tecnoloxía UE-EEUU; e tamén destacou a importancia de investir nunha mellor conectividade cos socios exteriores da UE, por exemplo, mediante a creación dun Fondo de Conectividade Dixital.

Por último, para avaliar o progreso dos Estados membros cara á ambición dixital de 2030, o Compás Dixital propón un sistema de gobernanza reforzado para mellorar o Índice DESI (Digital Economic and Society Index), que é o que se utilizaba ata agora para medir o avance dixital do continente.  Un informe anual detectará posibles diverxencias con respecto aos obxectivos comúns da UE e incluirá propostas para liquidar as carencias en estreita cooperación e coordinación cos Estados membros. 

Esta Comunicación dará lugar a un programa político que se acordará co Parlamento Europeo e o Consello.

Contexto
No seu discurso sobre o estado da Unión de 2020, a presidenta da Comisión,  Ursula  von  der  Leyen, pediu a Europa que demostrase un maior liderado dixital mediante unha visión común para 2030, baseada en obxectivos e principios claros como a conectividade universal e o respecto do dereito á intimidade e a liberdade de expresión. 

A Comisión Europea actualizou a súa estratexia dixital de febreiro de 2020 debido a que, no último ano, as tecnoloxías dixitais foron fundamentais para manter a vida económica e social, e para facer fronte á crise do coronavirus. Por iso, non cabe dúbida de que a transición dixital será un factor diferenciador de éxito para a UE na era post- COVID. 

O novo Compás Dixital para 2030 asenta as bases fundamentais da dixitalización e pon obxectivos concretos en moitos aspectos como a capacitación dixital, dixitalización de pemes, administración electrónica,  gobernanza e conectividade.

Fonte: Comisión Europea

Máis información:

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante