19/04/2021
A Comisión pon en marcha unha plataforma de publicación de acceso aberto para documentos científicos
- Open Research Europe é a nova plataforma para acceder libremente aos resultados das investigacións financiadas por Horizonte Europa e Horizonte 2020.
- A plataforma garante o acceso inmediato e aberto aos informes de investigación sobre temas moi diversos, promove a transparencia no proceso de publicación e fomenta o debate académico a nivel internacional.
- Tanto investigadores como cidadáns en xeral poden acceder á plataforma para re-utilizar a información dispoñible, creando un espazo para o intercambio sistemático de coñecementos.
Bruxelas, 19 de abril do 2021. A Comisión Europea puxo en marcha
Open Research Europe, unha plataforma de publicación de documentos científicos á que se pode acceder libremente. A plataforma presentará os resultados das investigacións financiadas por
Horizonte Europa, o programa de investigación e innovación da UE para 2021-2027, e polo seu predecesor, Horizonte 2020.
Open Research Europe proporcionará acceso gratuíto aos descubrimentos científicos máis recentes tanto aos investigadores como aos cidadáns en xeral. Así se abordan directamente as grandes dificultades asociadas coa publicación dos resultados científicos, como a tardanza e os obstáculos á hora de re-utilizar os resultados e os elevados custos. A plataforma é un servizo opcional destinado aos beneficiarios de Horizonte Europa e Horizonte 2020, para que poidan cumprir o requisito de ofrecer acceso aberto inmediato, ao enviar automáticamente os informes a un repositorio de uso xeral.
Xa se presentaron aproximadamente 40 documentos científicos pertencentes a campos de investigación moi diversos (dende ciencia e tecnoloxía ata artes e as humanidades) que se atopan ao dispor da comunidade científica para a súa lectura e revisión.
Apoiar a ciencia aberta e a transparencia no proceso de publicación científica
Na Comunicación «
Un novo Espazo Europea para a Investigación», a Comisión presenta Open Research Europe como unha plataforma de publicación de acceso aberto para divulgar as investigacións xurdidas do financiamento de Horizonte 2020 e Horizonte Europa en todos os ámbitos temáticos de investigación.
Open Research Europe non só contribuirá a que os investigadores teñan un espazo de publicación no que poderán compartir rapidamente os seus resultados e coñecementos, tamén facilitará que se establezan debates abertos e construtivos no ámbito da investigación. A plataforma dispón dunha ampla gama de parámetros para medir o impacto científico e social dos artigos e proporcionar información sobre o seu emprego e a súa re-utilización.
Ao asumir este novo papel, a Comisión ten a intención de predicar co exemplo apoiando activamente as prácticas relacionadas coa ciencia aberta e promovendo a transparencia no proceso de publicación. O seu obxectivo é servir de inspiración a outros patrocinadores, en particular a nivel nacional, para que fagan o mesmo. Mediante a integración de Open Research Europe en Horizonte 2020 e Horizonte Europa, a Comisión impulsa a comunicación académica a un novo nivel de solucións innovadoras.
Contexto
Na actualidade, o 91 % das publicacións financiadas por Horizonte 2020 son de acceso aberto, porcentaxes extremadamente elevadas a escala mundial. Con todo, o obxectivo é que todas as publicacións académicas xurdidas das investigacións financiadas pola Comisión sexan de acceso aberto.
A ciencia aberta é un enfoque segundo o cal o proceso de investigación baséase no traballo colaborativo aberto e o intercambio sistemático de coñecementos e ferramentas tan rápido e xeneralizádemete como sexa posible. Este enfoque consegue que os sistemas de investigación e innovación sexan máis eficientes e creativos, e fortalece a excelencia e a confianza da sociedade na ciencia. Isto débese a que a apertura e o intercambio dos resultados e os datos da investigación e o acceso a infraestruturas de investigación sintan a base para o debate académico, o que á súa vez garante a calidade e a eficiencia á hora de impulsar as reflexións, a análise e a innovación das investigacións.
A resposta da UE á pandemia por coronavirus puxo de manifesto o potencial da ciencia aberta para fomentar a colaboración, e ilustra como o acceso aberto inmediato a publicacións e datos é crucial para axudar aos investigadores a descubrir novos tratamentos, diagnósticos e vacinas. Open Research Europe supón o seguinte paso deste proceso.