Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

13/04/2021

Apróbase a terceira modificación do réxime marco español de axudas estatais durante a crise sanitaria

5311F_1618417401_investments_.jpg

A Comisión Europea aprobou o terceiro réxime marco para apoiar a economía española no contexto da crise sanitaria. O réxime foi aprobado en virtude do Marco Temporal relativo ás axudas estais, adoptado pola Comisión o 19 de marzo de 2020 e modificado por quinta vez en xaneiro de 2021.

Bruxelas, 8 de marzo de 2021- A Comisión Europea considerou que a modificación dos tres réximes españois existentes en apoio á economía durante a pandemia axústase ao Marco Temporal relativo ás medidas de axuda estatal. Os réximes modificados e prorrogados correspóndense cos seguintes:

  • O primeiro réxime xeral español, que proporciona importes limitados de axuda, garantías sobre préstamos, préstamos subvencionados e axudas aos costes fixos non cubertos a empresas e traballadores autónomos afectados pola pandemia. Foi aprobado pola Comisión Europea o 2 de abril de 2020 e modificado en tres ocasións, a última delas o 19 de febreiro de 2021.  A súa principal modificación correspóndese co aumento de 10 000 millóns de euros do orzamento para importes limitados de axuda, que pasa de 3 650 a 13 650 millóns de euros. En liña coa última modificación do Marco Temporal, os límites máximos para importes limitados de axuda increméntanse:
    • De 100 000 a 225 000 euros por empresa dedicada á produción primaria de produtos agrícolas. 
    • De 120 000 a 270 000 euros por empresa activa no sector da pesca e a acuicultura.
    • De 800 000 a 1,8 millóns de euros por empresa activa en todos os demais sectores. 
  • O segundo réxime xeral español, que presta apoio á investigación e o desenvolvemento, á experimentación e á produción de produtos relacionados co coronavirus, así como subsidios salariais e aprazamentos de impostos e de cotizacións á seguridade social. Foi aprobado o 24 de abril de 2020 e prorrogouse o 23 de decembro. Ó igual que para o primeiro réxime, as microempresas e pequenas empresas poderán acollerse a axudas relacionadas co fomento da investigación e a innovación mesmo se xa se atopaban en crise a 31 de decembro de 2019. 
  • O fondo de recapitalización español, aprobado o 31 de xullo de 2020 e prorrogado o 23 de decembro.

Os tres réximes prorróganse ata o 31 de decembro de 2021, tras a conclusión da Comisión Europea de que as súas modificacións son necesarias, axeitadas e proporcionadas para remediar unha grave perturbación da economía dun Estado membro e para contribuír á loita contra a crise sanitaria.


Contexto

A Comisión adoptou un Marco Temporal que permite aos Estados membros aproveitar plenamente a flexibilidade prevista nas normas sobre axudas estatais co fin de apoiar a economía no contexto da pandemia do coronavirus. Entre os tipos de axuda que establece, atópanse as subvencións directas a empresas, inxeccións de capital, vantaxes fiscais selectivas, axudas á produción de produtos de interese para combater a pandemia ou apoio á construción e mellora de infraestruturas de ensaio de produtos.

O Marco Temporal contempla as moitas posibilidades que xa dispoñen os Estados membros para mitigar o impacto socioeconómico da pandemia, de acordo coas normas sobre axudas estatais da UE. O 13 de marzo de 2020, a Comisión adoptou unha Comunicación relativa a unha resposta económica coordinada ao brote de Covid19, na que se expoñen ditas posibilidades. Por exemplo, os Estados poden indemnizar ás empresas polos danos e prexuízos sufridos como consecuencia da pandemia e provocados directamente por ela.

Para apoiar a economía no contexto da pandemia, o 19 de marzo de 2020 a Comisión adoptou un novo Marco Temporal sobre axudas estatais. O Marco Temporal modificouse o 3 de abril de 2020 por primeira vez con obxecto de aumentar as posibilidades de apoio público á investigación, os ensaios e a fabricación de produtos para loitar contra a pandemia, protexer o emprego e seguir apoiando a economía. O 8 de maio de 2020, a Comisión adoptou unha segunda modificación pola que se ampliaba o ámbito de aplicación do Marco Temporal a medidas relativas á  recapitalización e a débeda subordinada. O 29 de xuño de 2020, a Comisión adoptou unha terceira modificación que ampliaba o ámbito de aplicación do MT a fin de seguir apoiando ás microempresas, as pequenas empresas e as empresas emerxentes, e incentivar os investimentos privados. O 13 de outubro de 2020, a Comisión prorrogou o MT ata o 30 de xuño de 2021, coa excepción das medidas relativas á  recapitalización, cuxa prórroga concluía o 30 de setembro de 2021. Na devandita ocasión, tamén permitiu aos Estados cubrir parte dos custos fixos non cubertos das empresas afectadas pola crise.

En xaneiro de 2021, a Comisión Europea decidiu prorrogar ata o 31 de decembro de 2021 o Marco Temporal. A Comisión decidiu ampliar o seu alcance aumentando os límites máximos establecidos nel e permitindo a conversión de determinados instrumentos  reembolsables en subvencións directas ata finais do ano próximo. O MT debía expirar o 30 de xuño de 2021, salvo no caso das medidas de recapitalización, que podían concederse ata o 30 de setembro de 2021. Tendo en conta a persistencia da pandemia e a súa evolución, a modificación introducida prorroga todas as medidas establecidas no MT, incluídas as relacionadas coa recapitalización, ata o 31 de decembro de 2021.

 

Máis información

Comisión Europea

 

 


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante