Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
12/04/2021
Bruxelas, 12 de abril de 2021- Seguindo os pasos do seu predecesor, o Fondo Europeo para os Investimentos Estratéxicos (FEIE), que mobilizou máis de 500 000 millóns de euros entre 2015 e 2020, vén de entrar en vigor o Regulamento polo que se establece o Programa InvestEU, co ánimo de apoiar o investimento na UE, xa teña este un carácter público ou privado.
InvestEU
conta cunha garantía orzamentaria da UE de 26 200 millóns de euros
financiada con cargo
ós recursos de NextGenerationEU e o marco financeiro plurianual. Con isto
agárdase mobilizar máis de 370 000 millóns de euros durante o período 2021-2027,
dos cales o 30% contribuirá ós obxectivos climáticos.
Esta garantía ten que operar a través de catro eixos de actuación, que reflexan as prioridades políticas clave da UE:
As empresas e os promotores de proxectos poderán comezar a solicitar financiamento a mediados de 2021.
1- CARACTERÍSTICAS
1.a) Estrutura
1.b) Criterios para recibir unha axuda
Os potenciais proxectos deberán, segundo o establecido no Anexo II do Regulamento de InvestEU:
1.c) Proxectos beneficiados
InvestEU apoiará proxectos que normalmente presenten un risco superior ó dos proxectos financiados polas operacións normais das entidades xestoras asociadas e que non puideron ser levados a cabo durante o período no que se podía empregar a garantía da UE, ou non na mesma mediada, por outras fontes públicas ou privadas sen o apoio do Fondo InvestEU.
1.d) Entidades xestoras asociadas
Ó seleccionar as entidades xestoras asociadas para a utilización do Fondo InvestEU, a Comisión Europea ten que considerar a súa capacidade para cumprir cos obxectivos do Fondo e para aportar os seus propios recursos, coa finalidade de garantir unha cobertura xeográfica e unha diversificación axeitadas, atraer inversores privados e facilitar a diversificación de riscos.
O
BEI seguirá sendo unha entidade xestora asociada privilexiada. Ademais
do BEI, os bancos e entidades nacionais de fomento teñen que poder ofrecer unha
gama de produtos financeiros complementarios. Por outra parte, debe ser posible
que outras entidades financeiras internacionais actúen como entidades xestoras
asociadas, en particular cando presenten unha vantaxe comparativa en termos de coñecementos
técnicos e experiencia en determinados Estados membros e cando as súas acción
maioritarias estean na UE.
2- InvestEU E A RECUPERACIÓN ECONÓMICA TRAS A CRISE SANITARIA
O Programa InvestEU debe ser capaz de prestar apoio ás empresas en fase de recuperación (especialmente as pemes, sempre que estas non se atopasen en crise antes do comezo da pandemia), ó tempo que garante un foco do investimento nas prioridades políticas da UE, como o Pacto Verde Europeo, a transición dixital ou a nova estratexia industrial para Europa. Ademais, ten que aumentar a capacidade para asumir riscos do Banco Europeo de Investimentos (BEI), dos bancos e entidades nacionais de fomento e doutras entidades xestoras para apoiar a recuperación económica.
3- SINERXÍAS CON OUTROS PROGRAMAS DA UE
InvestEU e a transición verde
A contribución do Fondo InvestEU á consecución dos obxectivos climáticos será obxecto de seguimento a través dun sistema que será desenrolado pola Comisión Europea en colaboración coas posibles entidades xestoras asociadas empregando os criterios establecidos no Regulamento de Taxonomía da UE, coa finalidade de determinar se unha actividade e sostible dende o punto de vista medioambiental, incluído o principio de “non causar un dano significativo” (DNSH, polas súas siglas en inglés). Isto deberase ter especialmente en conta cando se trate dun proxecto de infraestruturas. Cabe resaltar que as operacións incompatibles coa consecución dos obxectivos climáticos non deben optar ás axudas de InvestEU.
Ademais, aínda que todas as rexións precisarán financiamento para a transición verde, non todas elas asumirán este proceso do mesmo xeito. Para moitos territorios, esta transición suporá unha transformación en profundidade das súas economías, cambios estruturais nos modelos de negocio e novos requisitos en materia de cualificacións. Co ánimo de abordar os retos específicos que teñen que afrontar as rexións máis afectadas, a Comisión Europea propuxo a creación dun Mecanismo para unha Transición Xusta (MTX) que ofreza apoio específico para xerar investimento. Este Mecanismo está integrado por tres piares: o Fondo de Transición Xusta (piar 1), un réxime de transición xusta no marco do Programa InvestEU (piar 2) e un instrumento de préstamo ó sector público (piar 3)
Para
a execución do piar 2 do MTX debe establecerse, pois, un réxime de transición
xusta específico no marco do Programa InvestEU, que abarque horizontalmente
todos os eixos de actuación e que apoie investimentos adicionais nunha ampla
gama de proxectos. Os proxectos dos territorios determinados nos Plans
Territoriais de Transición Xusta ou os proxectos que contribúen á
transición destes territorios aínda que non estean situados neles poden
beneficiarse deste réxime, pero neste caso só se o financiamento é esencial para
a transición dos territorios de transición xusta.
InvestEU, Mecanismo de Recuperación e Resiliencia e Fondos Estruturais
Os Estados membros poderán empregar InvestEU para poñer en marcha a súa asignación dos Fondos Estruturais así como os seus Plans nacionais de recuperación, no marco do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR).
InvestEU e IPCEI
O
Programa terá que apoiar investimentos estratéxicos, incluídos os Proxectos
Importantes de Interese Común Europeo (IPCEI, polas súas siglas en inglés),
no marco de calquera dos seus eixos de actuación e “tendo en conta as
transicións ecolóxica e dixital; a necesidade de mellorar a competitividade; o
fomento do espírito empresarial; a creación de emprego e o fortalecemento das
cadeas de valor estratéxicas”
Máis información
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante