Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

06/04/2021

A UE pon en marcha a sexta emisión de bonos SURE

5302F_1617719941_micheile-henderson-lZ_4nPFKcV8-unsplash.jpg
  • A Comisión Europea vén de desembolsar 13 000 millóns de euros a sete Estados da UE con cargo ao instrumento SURE, no que España recibiu 4 060 millóns de euros. Trátase do terceiro desembolso de 2021.
  • A Comisión publicou a primeira avaliación preliminar das repercusións que tivo o instrumento SURE.
Bruxelas, 6 de abril de 2021. A Comisión vén de desembolsar 13 000 millóns de euros a seis Estados no marco do sexto tramo da axuda financeira aos Estados membros con cargo ao SURE (do inglés Support to mitigate Unemployment Risks in an Emergency), un instrumento dotado cun orzamento de 100 000 millóns de euros e destinado a protexer os postos de traballo e os ingresos de quen sufriu as consecuencias da pandemia. 

Nas operacións, España recibiu 4 060 millóns de euros, Irlanda 2 470 millóns -sendo esta a primeira vez que recibe financiación con cargo ao instrumento-, Bélxica 2 200 millóns, Italia 1 870 millóns, Polonia 1 400 millóns e Chequia 1 000 millóns. 

Os préstamos proporcionarán asistencia aos Estados para facer fronte ao aumento do gasto público co fin de preservar o emprego. En conxunto, a Comisión propuxo unha axuda financeira total de 94 300 millóns de euros a 19 Estados, cifra que inclúe 3 700 millóns suplementarios propostos pola Comisión para seis Estados membros

Doutra banda, a Comisión vén de publicar a súa primeira avaliación preliminar das repercusións que tivo o SURE. Este informe conclúe que o instrumento logrou amortecer as consecuencias socioeconómicas da COVID-19 e que contribuíu a frear o aumento do paro nos Estados beneficiarios durante a crise. Ademais, chega á conclusión de que, en 2020, entre 25 e 30 millóns de persoas beneficiáronse da súa axuda e de que entre 1,5 e 2,5 millóns de empresas afectadas pola COVID-19 gozaron do seu apoio, o que lles permitiu reter ao seu persoal. Así mesmo, conclúe que, grazas á alta cualificación crediticia da UE, ao recorrer a SURE, os Estados aforráronse 5 800 millóns de euros en intereses de emisión de débeda soberana pola súa conta.

O informe tamén abarca as operacións de empréstito e préstamo destinadas a financiar SURE. O interese dos Estados polo instrumento foi extraordinario, pois xa se asignou máis do 90% da dotación total de 100 000 millóns de euros dispoñible. Todas as obrigacións emitidas a través de SURE teñen a categoría de bono social, o que dá aos investidores a confianza de que o seu diñeiro se destina a medidas cunha verdadeira finalidade social. A capacidade da UE para recadar fondos para SURE ía apoiada por unha garantía de 25 000 millóns de euros achegada por todos os Estados membros, unha mostra do carácter solidario desta iniciativa europea.

Contexto
O SURE é un elemento da estratexia da Comisión en beneficio da cidadanía, destinada a paliar as consecuencias da pandemia. Proporciona axuda financeira en forma de préstamos en condicións favorables que a UE concede aos Estados para financiar plans nacionais de redución do tempo de traballo, así como outras medidas similares para preservar o emprego e os ingresos. Tamén contempla medidas relacionadas coa saúde. 

Para responder ás solicitudes pendentes dos Estados membros para 2021, a Comisión solicitará ao mercado entre 13 000 e 15 000 millóns de euros suplementarios no segundo trimestre de 2021. Así mesmo, antes de que remate o ano, a Comisión tamén porá en marcha o sistema de préstamos con cargo a NextGenerationEU para axudar a construír unha Europa máis ecolóxica, dixital e resiliente.

España xa recibíu 17.956 millóns de euros de SURE, tras os desembolsos realizados pola Comisión coa emisión de bonos sociais, e é o segundo receptor total por detrás de Italia. En total España prevé recibir 21.300 millóns dos 90.300 millóns autorizados polo Consello.

Pódense consultar aquí a panorámica xeral dos importes desembolsados ata a data e os distintos vencementos das obrigacións.

Más información: Comisión Europea
Éxito de SURE a la hora de salvaguardar los empleos y los ingresos
La Comisión desembolsa otros 9 000 millones de euros a nueve Estados miembros con cargo al instrumento SURE
Reglamento SURE
Ficha informativa: SURE: Apoyo a los Estados miembros para contribuir a la protección del empleo y los trabajadores
Página web de SURE
Página web de la UE como prestataria


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante