Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

13/03/2021

A Fundación Galicia Europa anuncia o seu compromiso co Pacto Europeo polo Clima no acto de clausura de TecEuropa

5283F_1615645989_Natalia_Prieto.jpg
  • Durante o acto de clausura da undécima edición de TecEuropa, A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, fixo fincapé no importante papel que as entidades locais haberán de desempeñar na xestión dos fondos comunitarios para afianzar a transformación e a recuperación galegas
  • TecEuropa bate, novamente, cifras récord de participación con máis medio centenar de entidades locais
  • Nesta undécima edición de TecEuropa, e da man de especialistas e representantes da Comisión Europea, os participantes abordaron todos os aspectos relativos ao novo Marco Financeiro Plurianual e o instrumento temporal de recuperación “Next Generation UE”, desde unha perspectiva adaptada á realidade competencial local


Bruxelas, 15 de febreiro de 2021. A directora xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, Natalia Prieto, participou hoxe no acto de clausura da undécima edición do curso de especialización en financiamento comunitario para entidades locais “TecEuropa”, organizado pola Fundación Galicia Europa (FGE) co apoio da Dirección Xeral de Administración Local.

Durante a súa intervención, ante máis de medio centenar de concellos e de representantes de deputacións galegas, Prieto puxo en valor a importancia de formacións como “TecEuropa” de cara á xestión dos fondos comunitarios, para afianzar e impulsar a transformación e a recuperación económica de Galicia. Ademais, fixo especial fincapé no importante papel que, nesta xestión, haberán de desempeñar as entidades locais. Unhas entidades, que como recordou, viviron en primeira persoa a xestión da pandemia.

Tras a súa intervención, os participantes puideron coñecer os aspectos prácticos da posta en marcha dun proxecto europeo, iniciativas, como “Unha árbore por Europa” e o Pacto das Alcaldías, que presentou a subdirectora xeral de Metereoloxía e Cambio Climático, María Luz Macho, dentro do compromiso da FGE co Pacto Europeo polo Clima, ao que a entidade se adheriu recentemente, e que presentou a directora da oficina bruxelesa da FGE, Ana Ramos.

Ao longo das catro xornadas anteriores, e da man de especialistas comunitarios e representantes da Comisión Europea, os participantes abordaron todos os aspectos relativos ao novo Marco Financeiro Plurianual e o novo instrumento temporal de recuperación “Next Generation UE”, desde unha perspectiva local.

Desde a súa posta en marcha no 2015, TecEuropa ten contribuído á formación de máis de 300 profesionais e a crear e expandir unha rede galega de especialistas en xestión de fondos comunitarios, o que o levou a consolidarse como o curso galego de referencia na materia.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante