Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
10/03/2021
Bruxelas, 10 de marzo de 2021- Ó igual que o acontecido en moitas outras áreas, a política de competencia da UE tamén ten que adaptarse ás noves circunstancias impostas pola crise sanitaria. Nos últimos meses, a Comisión Europea tomou medidas que van dende a adopción dun Marco Temporal de Axudas de Estado, que permite ós Estados membros seguir apoiando a economía durante a pandemia, ata a prolongación da validez de certas normas sobre axudas estatais, como é o caso das Directrices sobre axudas rexionais (DAR)
Xa que non se concibe unha recuperación que non sexa ecolóxica, a política de competencia “nunca poderá substituír ás leis medioambientais e ó investimento verde”, tal e como sinalou Margrethe Vestager, comisaria de Competencia. Neste ámbito, será beneficiosa a flexibilización da aplicación do réxime de axudas estatais nas rexións consideradas de transición xusta, que valorarán se transferir unha maior cantidade de recursos procedentes dos fondos estruturais ó seu orzamento designado do Fondo de Transición Xusta.
Nestes momentos nos que Europa xa está pasando da xestión da crise a xestión da recuperación económica, o control das axudas estatais acompañará facilitará a aplicación do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) Neste sentido, a Comisión Europea ten que orientar ós Estados membros para garantir que os proxectos presentados polos Plans nacionais de recuperación sexan compatibles coa normativa sobre axudas estatais.
Deste xeito, o marco normativo europeo de axudas estatais está sendo obxecto dunha revisión exhaustiva para poder adaptalo ás prioridades da UE, que tras a pandemia se erixen como pilares da recuperación (transición verde, dixitalización...) As partes interesadas reclaman unha maior flexibilidade para poder facer fronte a estes novos retos, polo que, consecuentemente, agárdanse modificacións, pero na maioría dos casos non se sabe exactamente cales, nin en que medida. Para verificar estes datos, en todo caso será preciso agardar a que saían á luz as propostas da Comisión Europea. Moitas delas esperábanse en marzo, pero posiblemente se publiquen con retraso dada a complexidade desta revisión.
A continuación facemos unha recompilación das últimas novidades no eido das axudas estatais:
MARCO TEMPORAL
A Comisión Europea vén de modificar novamente o Marco Temporal de axudas estatais adoptado en marzo de 2020, que permite ós Estados Membros empregar a flexibilidade prevista nas normas sobre axudas estatais para así apoiar á economía durante o brote de COVID-19, facilitando as empresas dispoñan de suficiente liquidez para continuar coa súa actividade durante e unha vez finalizada a crise sanitaria. Entre as modificacións máis importantes atópanse as seguintes:
Estas cifras xa teñen en conta os límites coas axudas de minimis (25 000, 30 000 e 200 000, respectivamente)
Entre as axudas contempladas no Marco Temporal pódense atopar:
MECANISMO DE RECUPERACIÓN E RESILIENCIA
A Comisión Europea publicou nos últimos dous meses varios
documentos para guiar ós Estados membros na posta en marcha do MRR e
compatibilizala coa normativa existente sobre axudas estais:
REVISIÓN DO MARCO NORMATIVO DE AXUDAS ESTATAIS.
Unha das normas que está sendo revisada son as Directrices sobre axudas estatais de finalidade rexional (DAR), que teñen como finalidade principal a de contribuír ó desenvolvemento económico das rexións europeas, impulsando así o desenvolvemento rexional ó tempo que se garante a igualdade de condicións dos Estados membros. Por iso, resulta fundamental que a Comisión Europea garanta que as diferenzas nas intensidades de axudas que poden conceder as rexións, especialmente nos supostos transfronteirizos, non impliquen diferenzas estremas.
Poderán existir ademais cambios de interese noutras normas, como poden ser as Directrices sobre axudas estatais para a protección do medio ambiente e a enerxía, que se queren adaptar para poder financiar proxectos de descarbonización (transporte, edificios, industria...) e das que se agarda unha maior flexibilidade.
Cabe lembrar que, mentres esta revisión se leva a cabo, moitas das normas que debían expirar a finais de 2020 foron prorrogadas para proporcionar seguridade xurídica:
Prórroga ata finais de 2021
Prórroga ata finais de 2023
Máis información
Páxina web da Dirección Xeral de Competencia da Comisión Europea (DG COMP)
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante