09/03/2021
A Comisión presenta a súa nova estratexia para renovar o sistema multilateral
- Nun entorno mundial cada vez máis complexo, a UE comprometeuse a renovar o sistema multilateral para facelo máis inclusivo e sustentalo mediante medidas concretas.
Bruxelas, 9 de marzo de 2021. A Comisión e o alto representante presentaron recentemente una nova estratexia para reforzar a contribución da UE a un multilateralismo baseado en normas. A proposta plantexa que se utilicen todos os instrumentos dos que dispón a UE, incluido o seu amplo apoio político, diplomático e financeiro, para fomentar a paz e seguridade mundiais, defender os dereitos humanos e o Dereito internacional, e promover solucións multilaterais aos desafíos mundiais.
Josep Borrell, alto representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade e vicepresidente responsable de
una Europa más fuerte en el mundo, declarou: «
O multilateralismo é importante porque funciona, pero non podemos ser os únicos multilateralistas. Nesta época de crecente escepticismo, debemos amosar as vantaxes e a pertinencia do sistema multilateral. Construiremos asociacións máis fortes, diversas e inclusivas para liderar a súa modernización e configurar as respostas mundiais aos retos do século XXI, algún dos cales ameazan a propia existencia da humanidade»
Os retos do século XXI esixen máis gobernanza multilateral e cooperación baseada en normas, non menos. A UE definiu prioridades estratéxicas claras sobre cuestións que ningún país pode afrontar por sí só, tales como a paz e a seguridade, os dereitos humanos e os Estado de Dereito, o desenvolvemento sostible, a saúde pública e o clima. Para afrontalos, seguirase a apoiar os esforzos para a modernización de institucións clave como a Organización Mundial da Saúde e a Organización Mundial do Comercio. Tamén liderará a formulación de novas normas mundiais e a creación de plataformas de cooperación en ámbitos como a fiscalidade, o mundo dixital ou a intelixencia artificial.
Para cambiar o panorama multilateral, a UE creará novas alianzas con terceiros países e reforzará a cooperación coas organización multilaterais e rexionais e con otras partes interesadas, coas que buscará un terreo de entendemento tema por tema. Axudará aos países socios a participar máis eficazmente no sistema multilateral e velará polo seguemento sistemático dos compromisos bilaterais acadados para avanzar nos obxetivos multilaterais. Por último, coa idea de construir un multilateralismo máis xusto e inclusivo, intentará colaborar tamén coa sociedade civil, o sector privado, os interlocutores sociais e otras partes interesadas.