Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

27/01/2021

O Comité Europeo das Rexións alerta sobre a exclusión das rexións e municipios na preparación dos plans de recuperación nacionais

5248F_1611765185_office-with-documents-and-money-accounts.jpg
Unha consulta levada a cabo polo Comité Europeo das Rexións e o Consello de Municipios e Rexións de Europa sinala que solo uns poucos países están a asumir as achegas dos entes locais e rexionais, o que pon en perigo o éxito da aplicación do Plan de Recuperación para Europa
Os resultados desta consulta presentáronse durante a reunión da Comisión de Política Económica do Comité Europeo das Rexións
A Comisión Europea afirma que os Estados membros deben implicar aos entes locais e rexionais na elaboración dos plans de recuperación

Bruxelas, 27 de decembro de 2020. Para coñecer o grao de participación das comunidades locais na elaboración dos plans nacionais de recuperación e resiliencia, o Comité das Rexións (CDR) e o Consello de Municipios e Rexións de Europa (CEMR) levaron a cabo unha consulta ás asociacións nacionais de entes locais e rexionais. 

Neste sentido, Michael Murphy, presidente da Comisión de Política Económica (ECON) e membro do concello irlandés de Tipperary subliñou que só unha minoría dos Estados consulta aos entes subestatais na preparación dos plans de recuperación e resiliencia e que un número aínda menor asume realmente as súas achegas. 

Christophe Rouillon, alcalde da localidade francesa de Coulaines, destacou que o regulamento do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) anima a implicar ás cidades e rexións nos plans de recuperación e que isto garantiría un uso eficiente dos recursos sobre o terreo, en particular para os fondos estruturais europeos. Doutra banda, Dario Nardella, presidente de Eurocities e alcalde de Florencia, declarou que aínda se pode garantir que os gobernos nacionais e locais traballen xuntos para entregar recursos urxentes ás persoas máis afectadas.

O eurodeputado rumano Dragos Pîslaru, pola súa parte explicou sobre esta cuestión que o Parlamento Europeo trata de incitar aos Estados membros a que consulten coas partes interesadas da sociedade civil -así como coas autoridades locais e rexionais- á hora de redactar e aplicar os plans de recuperación. 

O CDR iniciou un proceso de seguimento da aplicación do MRR que culminará nun Foro de Recuperación e Resiliencia, previsto para outubro de 2021 durante a Semana Europea das Rexións e Cidades.

Antecedentes:
A consulta conxunta CDR-CEMR levada a cabo entre novembro de 2020 e xaneiro de 2021 reuniu os puntos de vista e experiencias de 25 organizacións representativas de diversos niveis de goberno subnacionais de 19 Estados membros, entre eles España. É relevante destacar que, cando se lles preguntou aos enquisados sobre os borradores dos plans nacionais de recuperación e resiliencia, a principios de xaneiro de 2021, solo 6 enquisados -que representan a 5 Estados membros- tiñan recibido tales documentos: República Checa, Francia, Irlanda, Polonia e Eslovaquia.

O MRR é o instrumento de 672.500 millóns de euros deseñado para apoiar aos países da UE a levar a cabo reformas e investir nas prioridades comúns da UE. En decembro de 2020, o PE e o Consello chegaron a un acordo político sobre o mesmo e espérase que o Parlamento vote o texto na sesión plenaria de febreiro, seguida da adopción formal por parte do Consello. 

Os plans nacionais de recuperación e resiliencia deben presentarse antes do 30 de abril de 2021 á Comisión Europea. A gobernanza deste novo instrumento está aliñada co proceso de coordinación da política económica do Semestre Europeo. A falta de participación estruturada e sistemática dos entes locais e rexionais na gobernanza económica en xeral, e no Semestre Europeo en particular, foi unha crítica reiterada ao CDR durante varios anos. As observacións do CDR e a proposta de revisión da gobernanza económica da UE recóllense no ditame elaborado polo Ministro-Presidente de Valonia, Elio de Rupo, aprobado en decembro polo Pleno.  

Máis información: Comité Europeo das Rexións


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante