Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

15/01/2021

A UE e China acadan un principio de acordo relativo aos investimentos

5239F_1610702345_china_2.jpg
  • O novo Acordo de Investimentos fomentará o equilibrio nas relacións económicas entre ambas potencias.
  • China comprometeuse a garantir un maior nivel de acceso ao mercado para os inversores europeos e a apoiar o trato xusto das empresas europeas con base no país.
  • O Acordo establece un alto punto de referencia en termos de transparencia, igualdade de condicións, compromisos de acceso ós mercados e desenvolvemento sostible.
  • Esta é a primeira vez que China acepta disposicións tan ambiciosas cun socio comercial.
Bruxelas, 15 de xaneiro de 2021. Tras o seu inicio en 2014, a UE e China veñen de concluír as negociacións para un Acordo Global de Investimentos (CAI, polas súas siglas en inglés), que creará novas oportunidades de investimento para as empresas europeas ao abrir o mercado chino e eliminando as leis e prácticas discriminatorias que impiden competir en igualdade de condicións coas empresas chinas.

A UE e China considéranse reciprocamente mercados estratéxicos, ao negociar unha media de máis de mil millóns de euros diarios. Porén, o mercado chino es considerablemente menos aberto que o da UE, sendo o acceso a varios sectores restrinxido ou prohibido para os inversores estranxeiros. O CAI configúrase como unha ferramenta clave para abordar esta falta de equilibrio e agardase que, unha vez en vigor, sirva para substituír aos actuais acordos bilaterais entre os Estados membros e o xigante asiático.

Elementos principais do CAI
  • Non se trata dun acordo comercial entre a UE e China. Polo de agora, a UE está centrada en avanzar no fortalecemento das normas internacionais a nivel multilateral, para nivelar os desequilibrios producidos ata agora.
  • O CAI mellorará as condicións de acceso ao mercado para as empresas europeas máis aló dos compromisos existentes de China no marco da Organización Mundial do Comercio (OMC). O obxectivo principal da UE é mellorar de maneira significativa o acceso dos inversores da UE ao mercado chino, en particular mediante a eliminación de restricións cuantitativas, límites de capital ou requisitos de empresas conxuntas (“joint-venture”).
  • CAI garantirá que as empresas europeas compitan en igualdade de condicións cando operen en China, en comparación coas empresas chinas e de terceiros países. Con ese fin, a UE busca lograr un trato non discriminatorio, a participación equitativa na fixación de normas, así como a prohibición de medidas que esixen que os inversores se comporten dunha determinada maneira ou que logren determinados resultados.
  • Tamén garantirá que as empresas europeas en China teñan un acceso axeitado á información que afecte ós seus negocios e á oportunidade de presentar observacións sobre leis e regulacións pertinentes.
  • O Acordo tamén subliñará que o desenvolvemento sostible é un obxectivo primordial das relacións bilaterais de investimento entre a UE e China. Así, por primeira vez na historia, China comprometeuse a tomar medidas en materia de desenvolvemento sostible, incluído o respecto polos dereitos laborais fundamentais e a redución do traballo forzado. Neste sentido, China ratificará unha serie de convenio fundamentais da Organización Internacional do Traballo (OIT)
  • O Acordo incluirá disposicións para a solución de controversias (de Estado a Estado) e un marco institucional para facer un seguimento da súa posta en marcha.
Beneficios do CAI para a UE
O obxectivo da UE nas negociacións do CAI centrábase en reequilibrar a asimetría existente en termos de igualdade de condicións e en asegurar a competencia xusta para as empresas europeas que operan en China.

Así mesmo, o CAI proporcionará un marco formal e vinculante para discutir e abordar os problemas concretos que afrontan os inversores europeos en China e establecerá un mecanismo sólido de resolución de disputas entre ambas potencias, no suposto de que China non cumpra coas obrigas do CAI. Ademais, tamén se prevé a creación dun marco institucional para o seguimento da posta en marcha dos compromisos que China vén de asumir, incluíndo un exercicio de supervisión política periódico. Isto garantirá que China cumpra cos seus compromisos na práctica.

Todos estes cambios fomentarán o equilibrio nas relacións económicas entre ambas potencias mundiais. 

Próximos pasos
Ambas partes traballarán para finalizar o texto do acordo, que deberá ser revisado e traducido legalmente antes de que poida ser presentado para a súa aprobación polo Consello da UE e o Parlamento Europeo.

Durante as negociación do Acordo, os líderes de ambas potencias tamén abordaron outros factores de gran relevancia internacional, como o cambio climático, a COVID-19 ou a cuestión dos dereitos humanos en Hong Kong.

Neste contexto, a UE tamén puxo riba da mesa as negociacións para a Axenda Estratéxica de Cooperación UE-China 2025 e propuxo que as negociacións de ambas partes proseguisen o seu traballo agora que se lograron avances significativos nas negociacións do CAI. Así mesmo, a UE lembrou ó presidente Xi a súa invitación para unirse a reunión de líderes UE-China que se celebrará en Bruxelas este ano e que contara coa participación dos xefes de Estado e de Goberno de todos os Estados membros.


Máis información



Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante