Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

09/12/2020

A Comisión adopta un Plan de acción sobre propiedade intelectual e industrial para impulsar a recuperación económica da Unión Europea

5218F_1607521599_propiedade_intelectual.jpg

Bruxelas, 9 de decembro de 2020


O novo Plan ten por obxectivo axudar ás pequenas e medianas empresas (PEMES) a aproveitar ao máximo os seus produtos beneficiando así a economía e, en definitiva, a sociedade. A propiedade intelectual e industrial permite valorizar aqueles activos das empresas que son intanxibles. 


Mediante este Plan de acción, a Comisión Europea busca tamén contribuír á transición ecolóxica e dixital mantendo o liderado europeo en industria innovadora e creativa.

 

O programa anuncia medidas estruturadas en cinco ámbitos económicos clave da economía:

 

1.    Mellora da protección da propiedade intelectual e industrial: Consiste en adaptar as ferramentas existentes á nova era dixital. Este proceso pasa por mellorar os certificados complementarios de protección (CCP) para medicamentos e produtos fitosanitarios patentados. Tamén se pretende modernizar a protección de debuxos e modelos feitos na UE. O seu obxectivo é reforzar a protección das indicacións xeográficas agrícolas. Ao mesmo tempo, a Comisión abre un diálogo coa industria para abordar o impacto das novas tecnoloxías como a intelixencia artificial ou a cadea de bloques. O Plan de Acción pídelle ademais aos Estados un despregue do sistema de patente unitaria para crear un marco único de protección e aplicación das patentes en toda a UE.

 

2.    Implantación da propiedade intelectual e industrial nas PEMES: Actualmente só o nove por cento das PEMEs solicitan a protección da propiedade intelectual e industrial. Por iso, a Comisión propón medidas para informar e asesorar ás empresas. Estas medidas axudarán especialmente ás PEMEs afectadas polo coronavirus a través dun novo réxime de axuda financeira dotado con vinte millóns de euros procedentes dos fondos da EUIPO durante o primeiro ano.


3.    Intercambio de propiedade intelectual e industrial: ademais de protexer os activos intanxibles, o Plan pretende mellorar o acceso ós activos intanxibles críticos, dos cales depende a nosa economía e sociedade. Neste sentido, a Comisión propón medidas para o intercambio de propiedade intelectual e industrial en tempos de crise, como a que estamos vivindo do coronavirus. E, ademais, prevé mellorar a transparencia e predición na concesión de licencias de patentes esenciais para determinadas normas, que son clave para a transformación dixital da industria europea.


4.    Loita contra a falsificación e mellora do respecto dos dereitos de propiedade intelectual e industrial. A Comisión vai establecer un conxunto de instrumentos contra a falsificación, integrando as mellores prácticas e o uso de ferramentas adecuadas e novas tecnoloxías. Na actualidade, as mercancías falsificadas e piratas representan un 6,8 do PIB da UE.

 

5.    Fomento dunha competencia equitativa a nivel mundial: A UE busca ser un referente á hora de establecer normas de propiedade intelectual e industrial, freando as prácticas desleais cometidas por axentes de terceiros países como pode ser a espionaxe industrial.


Na actualidade, os activos intanxibles como poden ser creación artísticas, programas informáticos, deseños, patentes e datos, son cada vez máis importantes. Os sectores intensivos en propiedade intelectual e industrial representan case a metade do PIB total e o 93% de todas as exportacións da UE. 

Máis información: Comisión Europea



Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante