Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

08/12/2020

A Comisión Europea propón un novo regulamento para impulsar o intercambio de datos entre os estados membros

5216F_1607439587_data.jpg

Bruxelas, 8 de Decembro de 2020

O Regulamento que se acaba de presentar serve para sentar as bases dunha nova forma europea de gobernanza dos datos, en consonancia cos valores e principios da UE como a protección dos datos persoais (RGPD) ou a protección dos consumidores.

O conxunto de normas que vén de publicar a Comisión ten por obxectivo favorecer o fluxo de datos en toda a UE e entre sectores. Con este novo Regulamento preténdese ofrecer un modelo alternativo ás prácticas de tratamento de datos das grandes plataformas tecnolóxicas, baseado na neutralidade e na transparencia.

Para garantir a neutralidade o Regulamento establecerá novas normas a nivel europeo. De forma que, o intermediario do intercambio de datos non poderá negociar con eles por conta propia, por exemplo vendéndoos a outra empresa ou utilizándoos para o seu propio beneficio. Desta maneira, a Comisión Europea pretende aumentar a confianza dos cidadáns. Neste sentido, adiántase que non é necesario compartir todos os datos e que, en caso de facelo, é preciso que os datos sexan fiables e estean protexidos cando se trate de información sensible. Tamén se establecerán medios para dar ós europeos o control sobre o uso dos datos que xeran, facendo que sea máis fácil que os particulares e as empresas cedan voluntariamente os seus datos para o ben común e baixo condicións claras.

Ademais das medidas xa mencionadas, o novo Regulamento pretende impulsar a re-utilización de determinados datos en poder do sector público, por exemplo, para beneficiar as investigacións na cura de enfermedades raras ou crónicas.

A proposta que se acaba de publicar enmárcase na Estratexia de datos que presentou a Comisión o pasado mes de febreiro, onde se propoñen novos espazos de datos, que van desde sectores como a industria ou a enerxía ata a saúde ou o Pacto Verde Europeo.

De cara ao 2021 agárdase que se presenten propostas máis específicas sobre espazos de datos para fomentar o intercambio entre as empresas e entre empresas e Gobernos. As novas medidas poderían aumentar o valor económico anual do intercambio de datos ata entre sete e once mil millóns de aquí a 2028.

 Fonte: Comisión Europea


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante