Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

28/10/2020

Convocatoria aberta de 2,5 millóns de euros para financiar pequenos proxectos no eido dixital

5167F_1603894666_shahadat-rahman-BfrQnKBulYQ-unsplash__2_.jpg
  • Ata o 19 de febreiro de 2021 empresas industriais, provedores de solucións dixitais, desenvolvedores de software e investigadores poden presentar proxectos no marco da plataforma europea de fábricas conectadas.
  • Trátase dunha convocatoria de “financiamento en cascada”, unha ferramenta para que pequenas empresas e emprendedores teñan a posibilidade de recibir financiamento europeo de forma individual sen necesidade de participar en grandes proxectos como H2020.
Bruxelas, 28 de outubro de 2020. A plataforma europea de fábricas conectadas para a fabricación áxil EFPF é un proxecto H2020 coordinado polo Instituto Tecnológico Metalmecánico, Mueble, Madera, Embalaje y Afines, AIDIMME. O seu principal obxectivo é o establecemento dun ecosistema federado de fábricas intelixentes e a creación dunha plataforma dixital que  poña en contacto aos actores relevantes na fabricación dixital. 

O proxecto vén de abrir unha convocatoria de 2,5 millóns de euros para financiar pequenos proxectos (de entre 50.000 e 150.000) que cubran algunha destas actividades:
desenvolvan novas aplicacións
testen/validen aplicacións e/ou servizos da plataforma EFPF
estendan a federación con novas plataformas e servizos

O consorcio EFPF convida a participar nesta convocatoria aberta a empresas industriais, provedores de solucións dixitais, desenvolvedores de software e investigadores, que poderán financiar experimentos relacionados co desenvolvemento, integración e validación de solucións innovadoras utilizando a plataforma EFPF. Poden participar:
Peme (incluídas as micro empresas)
Provedores de tecnoloxía e/ou desenvolvedor software (incluíndo start- ups)
Empresas industriais e loxísticas (de calquera tamaño)
Emprendedores
Institutos de investigación e universidades

A data límite para rexistrarse é o 19 de febreiro de 2021. Pode rexistrar o seu interese nesta páxina web, e solicitar a axuda a través da plataforma de F6S

Toda a documentación da convocatoria e o acceso aos servizos de apoio atópanse dispoñibles aquí.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante