Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

13/10/2020

A Convención Europea de Turismo expón unha solución sostible e resiliente para o turismo europeo

5150F_1602592275_ETC.jpg

Bruxelas, 13 de outubro de 2020A Comisión Europea organizou a Convención Europea de Turismo, como consecuencia da Comunicación de maio sobre Turismo e transporte en 2020 e máis aló, para facilitar o diálogo sobre a recuperación sostible do ecosistema turístico tras a crise do coronavirus. 

O comisario de Mercado Interior,  Thierry Breton, inaugurou a Convención Europea de Turismo afirmando que “o turismo é un dos sectores máis importantes da economía europea e foi o máis afectado pola pandemia de coronavirus. Neste marco, o obxectivo desta Convención é achandar o camiño para un turismo máis verde e dixital.

Na convención debatéronse as orientacións estratéxicas para o futuro do turismo en Europa e a Axenda Europea de Turismo 2050, en vistas a establecer un marco político europeo para o turismo que redirixa os investimentos, facilite a cooperación entre os Estados membros e mobilice a todos os axentes do ecosistema turístico para mellorar a sustentabilidade, a dixitalización e a  resiliencia do sector turístico da UE.

A Convención reuniu a máis de 700 participantes, incluíndo a autoridades nacionais e rexionais, representantes de asociacións sectoriais europeas e do sector turístico, organizacións internacionais e ONGs. Os participantes debateron sobre tres cuestiones de gran relevancia:

En primeiro lugar, o turismo seguro e fluído para asegurar a implementación e aliñación de protocolos eficientes de saúde e seguridade en toda Europa. Do mesmo xeito, preténdese asegurar unha xestión intelixente dos fluxos de turismo de calidade (máis que de cantidade) e desenvolver o transporte e a conectividade multimodales con baixas emisións de carbono para todos os destinos da UE.

En segundo lugar, a consecución das vacacións verdes, dotando de capacidades de innovación, instrumentos financeiros e marcos legais ás organizacións e pemes turísticas para promover a transición cara a un turismo máis ecolóxico.

E, en terceiro lugar, o impulso do turismo a través do uso de datos. Para iso débese facilitar o financiamento e aumentar a información sobre as oportunidades de financiamento dispoñibles para as empresas turísticas para axudalas a converterse en dixitais, incluíndo tamén as oportunidades de formación.

Como consecuencia desta Convención, o Comité de Transportes e Turismo do Parlamento Europeo presentou a Declaración dos membros do grupo de traballo sobre turismo, na que se inclúen unha serie de accións que o sector turístico necesita adoptar con urxencia.

 

Para ver a  retrasmisión da Conferencia Europea de Turismo pica aquí.



Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante