Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

23/09/2020

A Comisión Europea financiará 23 novos proxectos de investigación con 128 millóns de euros en resposta á COVID-19

5099F_1600859587_Proyectos_de_investigaci__n.jpg

Bruxelas, 23 de setembro de 2020. A Comisión apoiará 23 novos proxectos de investigación con 128 millóns de euros en resposta á persistencia da pandemia do coronavirus. O financiamento destes 23 novos proxectos forma parte dos 1 400 millóns de euros correspondentes ao marco do programa de investigación e innovación da Unión, Horizonte 2020.

Entre os 23 proxectos seleccionados, atópanse 347 equipos de investigación de corenta países diferentes, incluídos 34 participantes de países non pertencentes á UE.

O financiamento permitirá aos investigadores abordar a pandemia e as súas consecuencias co obxectivo de:

  • Reforzar a capacidade industrial para fabricar e despregar solucións facilmente accesibles: creando novos métodos de produción e xerando cadeas de subministracións adaptables a futuras situacións de incerteza (por exemplo, a través da impresión 3D)
  • Desenvolver ferramentas dixitais: acelerando e economizando o diagnóstico do virus, e mesmo desenvolvendo tecnoloxías médicas para determinar o diagnóstico a distancia
  • Analizar as repercusións socioeconómicas das diferentes respostas dos sistemas gobernamentais e de saúde pública: optimizando a preparación para situacións similares no futuro (por exemplo, incluíndo aspectos específicos de xénero nos factores de risco ou a carga socioeconómica para diferentes colectivos da sociedade)
  • Mellorar a colaboración da comunidade científica a nivel internacional e da UE: mediante a creación de redes de institucións de investigación que recollan datos sobre a atención ao paciente para permitir a realización de estudos sobre as características dos pacientes no marco internacional

Estas investigacións complementarán todos os esforzos anteriores para desenvolver diagnósticos, tratamentos e vacinas para facer fronte ao virus.

 

Fonte: Comisión Europea


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante