Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

18/09/2020

A nova Estratexia da UE para unha Unión da Seguridade

5095F_1600697666_Imagen1.jpg

Bruxelas, 18 de setembro do 2020. A crise do coronavirus colocou a seguridade europea no punto de mira, poñendo a proba a resiliencia das infraestruturas críticas de Europa e os sistemas de xestión de crises inesperadas.

Do mesmo xeito, nos últimos anos a globalización ten xerado novas ameazas para a seguridade transfronteiriza, o que manifestou a necesidade dunha cooperación máis estreita en materia de seguridade no marco europeo.

Por iso, a Comisión Europea presentou o 24 de xullo unha nova Estratexia da UE para unha Unión da Seguridade para o período 2020-2025, centrada nos ámbitos prioritarios nos que a UE pode achegar valor para axudar aos Estados membros a promover a seguridade de todos os habitantes de Europa, tanto no mundo físico como no dixital, así como en todos os ámbitos da sociedade.

A nova Estratexia establece catro prioridades de actuación no marco da UE:

1. Apostar por un contorno de seguridade con garantías de futuro

Para iso, a Comisión presentará novas normas para incrementar a resiliencia das nosas infraestruturas críticas tanto físicas como dixitais:

  • A protección das infraestruturas físicas recae na seguridade dos espazos públicos, que son puntos de mira extremadamente accesibles para o crime, como lugares de culto ou as estacións de transporte
  • O desenvolvemento de infraestruturas de protección dixital para garantir a promoción da ciberseguridad en Europa
2. Facer fronte ás ameazas cambiantes

Identificar, previr e deter as novas ameazas híbridas relacionadas cos avances tecnolóxicos. Neste sentido, a Comisión céntrase en mellorar a garantía do cumprimento da lei nas investigacións dixitais, así como a loita contra os contidos ilícitos en liña e a anticipación fronte potenciais ameazas de carácter heteroxéneo.

3. Protexer aos europeos do terrorismo e a delincuencia organizada.

Neste contexto, a Comisión continua cos avances logrados anteriormente no marco da Axenda Europea de Seguridade da Comisión Europea para 2015-2020 e prioriza a loita contra a radicalización terrorista con medidas de detección precoz, así como a loita contra o tráfico de armas, de drogas e de seres humanos e destaca a importancia da seguridade 5 G no marco actual.

4. Presentar un ecosistema de seguridade europeo robusto que fomente a investigación e a innovación, e o intercambio de información

A estratexia propón medidas de reforzo do mandato da Europol, un maior desenvolvemento da Eurojust para vincular mellor ás autoridades xudiciais e policiais no marco europeo, maior cooperación internacional coa Interpol e máis medidas de sensibilización do cumprimento da lei por parte dos cidadáns para  fomentar o coñecemento básico das ameazas para a seguridade e así mellorar a resiliencia da sociedade cara ás devanditas ameazas


Fonte: Comisión Europea

 


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante