17/09/2020
Aberta a consulta pública relativa ás Directrices sobre axudas rexionais
Ver máis...
- Poderanse facer aportacións ata o próximo 30 de setembro.
- As Directrices
actuais foron prorrogadas ata finais de 2021. O
seu obxectivo é contribuír ó desenvolvemento económico das rexións europeas.
- O proxecto
de Directrices revisadas reflexa
as novas prioridades políticas relacionadas co Pacto Verde ou as novas
estratexias Industrial e Dixital.
- A adopción das
novas Directrices está prevista para comezos de 2021.
Bruxelas, 17 de setembro de 2020- O pasado 23 de xuño, a Comisión
Europea puxo en marcha unha consulta pública acerca do proxecto de revisión
das Directrices sobre as axudas estatais de finalidade rexional (DAR), solicitando
as aportacións das partes interesadas antes do 30 de setembro. A
finalidade principal das DAR é contribuír ó desenvolvemento económico das
rexións europeas, impulsando así o desenvolvemento rexional e garantindo ó
mesmo tempo a igualdade de condicións entre os Estados membros.
As
Directrices actuais, que debían
expirar a finais do presente ano, foron prorrogadas ata finais do 2021
co fin de aportar previsibilidade e seguridade xurídica durante o proceso de
revisión. Así mesmo, a adopción das novas Directrices está prevista para
principios do 2021 co obxectivo de que os Estados membros dispoñan de tempo
suficiente para preparar e notificar os seus mapas de axuda rexional, que
entrarán en vigor no ano 2022.
Este proxecto de Directrices
tamén reflicten as novas prioridades políticas relacionadas co Pacto Verde
Europeo e a Estratexia Industrial e Dixital Europea. Ademais, a Comisión Europea
pretende simplificar procedementos para o acceso ás axudas estatais nas áreas
de transición xusta, pendentes de definición aínda por parte dos Estados
membros.
Contexto
As normas europeas
aplicables ás axudas de finalidade rexional correspóndense coas seguintes:
- Os mapas de axudas rexionais, nos que cada Estado membro sinala as zonas nas que as empresas poden recibir axudas estatais de finalidade rexional así como a intensidade de tales axudas. No período 2014-2020, as rexións elixibles son clasificadas en dúas categorías segundo o seu PIB per capita: categoría a (v.g. Norte de Portugal) e categoría c (v.g. Galicia) Aquí é preciso sinalar:
- A categoría a goza dunha maior intensidade nas axudas que a categoría c.
- No referente ás grandes empresas, nas zonas a pódese apoiar calquera tipo de investimento inicial establecido nas DAR mentres que nas zonas c este apoio limítase ós investimentos iniciais en favor dunha nova actividade económica
En xaneiro de 2019, a
Comisión Europea decidiu, por un lado, prorrogar ata finais de 2022 as Directrices sobre as axudas estatais de finalidade rexional para
2014-2020, e por outro, avaliar as normas europeas aplicables ás
axudas de finalidade rexional. Para isto, estanse levando a cabo
análises internos, consultas públicas ou estudos de consultores externos co
ánimo de reflectir os resultados
nun documento de traballo da Comisión
Europea. Destacan:
- Unha enquisa dirixida ás autoridades competentes dos Estados mebros para a concesión de axudas rexionais (tanto Administración Xeral do Estado como Comunidades Autónomas) para recompilar a súa experiencia.
- A presente consulta pública sobre o Marco normativo das Axudas Rexionais aberta ás partes interesadas.
Imaxes relacionadas