Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

16/09/2020

Von der Leyen: “Témolo todo para conseguilo e é a nosa misión levalo a cabo”

5081F_1600262379_Von_der_Leyen.png
O curso político en Bruxelas comezou este mércores co Debate sobre o Estado da Unión pronunciado pola  presidenta da Comisión Europea, Úrsula Von  der  Leyen, ante o Parlamento Europeo. As prioridades anunciadas pasan por loitar contra a pandemia, para o que a Comisión propón ampliar as competencias de UE en materia sanitaria, poñer en marcha o Plan de Recuperación para Europa e revisar toda a lexislación ambiental para responder a un obxectivo máis ambicioso en materia de loita contra o cambio climático.  A máis longo prazo, Von der Leyen explicou a súa visión para conseguir que esta sexa a década dixital de Europa coa construción dunha nube europea de datos, a aposta firme pola intelixencia artificial e a expansión das redes 5G, 6G e fibra. A loita contra o racismo, a defensa do Estado de dereito e a necesidade de reforma do sistema migratorio europeo foron outros dos temas abordados durante o seu discurso.

Bruxelas, 16 de setembro do 2020. A presidenta da Comisión Europea, Úrsula Von  der  Leyen, que comezou o seu discurso sobre o Estado da Unión poñendo en valor o papel da sociedade civil e en especial dos profesionais sanitarios nos últimos meses fronte á pandemia, sinalou os obxectivos da UE para os próximos 12 meses de cara a unha recuperación económica sostible, social e xusta.

Neste sentido, a presidenta da Comisión avanzou que propoñerá reforzar e dar máis poder á Axencia Europea do Medicamento e ao Centro Europeo de Prevención e Control das Enfermidades, e sinalou que haberá que "debater a cuestión das competencias en materia de saúde para que a UE teña máis marxe de maniobra nas crises coma esta". Ademais, a presidenta propuxo a creación dunha Axencia Biomédica para a Investigación e o Desenvolvemento (BARDA) e aumentar o financiamento de EU4Health.

En canto ao compromiso ambiental da UE, a presidenta anunciou que a comisión desexa elevar o obxectivo de redución dos gases do efecto invernadoiro "polo menos un 55%" para 2030 como punto intermedio para alcanzar a neutralidade climática da Unión en 2050”. Iso supón, 15 puntos porcentuais máis do fixado como obxectivo inicial para esta década respecto aos niveis de 1990. Para iso, identificou o  NextGenerationEU e o Pacto Verde como o instrumento fundamental para “a modernización da nosa economía e para cambiar a forma en que tratamos á natureza […] témolo todo para conseguilo e é a nosa misión levalo a cabo”, e adiantou tamén, que a Comisión revisará toda a lexislación ambiental antes do próximo verán.

Esta modernización económica pasará tamén por unha profunda transición dixital e en especial polo uso dos datos industriais, que se multiplicarán nos próximos cinco anos e lamentou que, na actualidade “o 80% dos datos industriais que se recompilan na UE non se utilizan nunca”. Ante esta onda de cambio, a presidenta apelou a unha exhaustiva preparación e transformación da que se poidan beneficiar traballadores, pemes,  startups e investigadores.

Ademais, a nivel social, a presidenta avanzou que a Comisión ten como obxectivo traballar para desterrar o racismo e o odio cara ás comunidades LGTBIQ da Unión Europea “Non vou descansar a hora de construir unha Unión de igualdade. Unha Unión na todos poidamos ser como somos e amar a quen amemos, sen medo á recriminación ou á discriminación. Poorque ser ti mesmo non é unha cuestión de ideoloxía, é a túa identidade e ninguén podrá nunca arrebatarcha. Polo tanto, vouno decir alto el claro: as zonas libres de LGTBIQ son zonas sen humanidade e non teñen cabida na nosa Unión". Neste sentido, a presidenta avanzou que a Comisión vai presentar unha estratexia de recoñecemento  LGTBIQ intercomunitario.


Máis información:

Discurso íntegro de Ursula Von der Leyen


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante