Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
15/09/2020
Bruxelas, 15 de setembro do 2020. Os Estados membros da UE, a Comisión Europea e a Enisa (Axencia da UE para a Ciberseguridade) publicaron recentemente un informe sobre os progresos na aplicación das medidas de reducción do risco acordadas no mes de xaneiro do 2020 de cara ao despregue das redes 5G. Este acordo recolle instrumentos clave para protexer a información sensible que circulará por estas redes como, a avaliación dos perfís de risco dos provedores, aplicar as restricións pertinentes a aqueles considerados de alto risco e contar con estratexias que garantan a diversificación dos mesmos. Uns mecanismos que cos que se tratará de asegurar a apertura continuada do mercado único dixital.
O informe publicado recolle os diferentes avances que se están a levar a cabo por parte dos Estados membros. Entre os puntos máis destacados están os seguintes:
O informe tamén
detalla aqueles puntos nos que conveñen avances significativos como:
Ademais, este
informe establece unhas recomendacións para que a aplicación llos instrumentos
sexan máis eficiente e coordinada como, un maior intercambio de información
acerca dos desafíos, mellores prácticas e solucións para a aplicación das
medidas, que se manteña unha supervisión continuada e que se garanta que os
proxectos de 5 G financiados con diñeiro público teñan en conta os riscos en
materia de ciberseguridad.
Máis información:
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante