Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

23/06/2020

Consulta pública sobre unha estratexia farmacéutica para Europa : ata o 15 de setembro

5023F_1592922830_P039491-387125.jpg
A Comisión Europea abriu unha consulta pública en liña sobre a Estratexia Farmacéutica para Europa. A Estratexia, que se elaborou por mor da pandemia de COVID-19, terá como obxectivo garantir a subministración de medicamentos seguros e alcanzables en Europa para satisfacer as necesidades dos pacientes e apoiar á industria farmacéutica para que siga sendo un líder mundial innovador. Así mesmo, conformará o programa recentemente proposto A UE pola Saúde e traballará en consonancia con Horizonte Europa para a investigación e a innovación. A consulta durará tres meses e estará composta de varias preguntas, que se centrarán nos seguintes temas clave: autonomía estratéxica e fabricación de medicamentos, acceso a medicamentos alcanzables, innovación, sustentabilidade ambiental e desafíos sanitarios.

Bruxelas, 23 de xuño de 2020. A Estratexia ten por obxecto crear un sistema con perspectivas de futuro que aproveite as vantaxes da dixitalización e fomente a innovación, especialmente en ámbitos nos que existan necesidades non satisfeitas, tales como os antimicrobianos, os medicamentos para nenos e os medicamentos para enfermidades raras. Do mesmo xeito, o seu obxectivo é reducir a dependencia da UE con respecto ás importacións procedentes de terceiros países.Unha parte dos ingredientes farmacéuticos activos necesaria para a produción dalgúns medicamentos xenéricos (entre eles, os antibióticos «antigos», os medicamentos contra o cancro e os medicamentos máis básicos, como o paracetamol) procede de China e da India.

A Estratexia tamén reducirá o impacto dos medicamentos no medio ambiente e abordará a resistencia aos antimicrobianos.

Por último, a actual crise da COVID-19 puxo de manifesto que a UE necesita garantir que os medicamentos, incluídas as vacinas, estean dispoñibles en todas as circunstancias.

Paralelamente á consulta, nas próximas semanas e meses, a Comisión manterá conversacións técnicas bilaterais coas partes interesadas.

Próximas etapas

A Estratexia, que está en consonancia co novo modelo de industria para Europa, así como coas prioridades expostas no Pacto Verde Europeo, o Plan Europeo de Loita contra o Cancro e a Estratexia Dixital, abordará retos persistentes da UE, algúns dos cales se viron agravados pola crise da COVID-19.

O obxectivo da consulta é permitir ao público, aos expertos e ás partes interesadas contribuír e expresar a súa opinión sobre as mellores maneiras de abordar as cuestións farmacéuticas na UE. Os resultados da consulta pública servirán de axuda para a elaboración, no outono, da Estratexia Farmacéutica, cuxa adopción está prevista para finais de ano.

A consulta terá unha duración de trece semanas, até o 15 de setembro de 2020, e as preguntas estarán dispoñibles en EUSurvey.

Ademais da consulta pública, a Comisión tamén puxo en marcha, o 2 de xuño, unha consulta sobre a folla de ruta para a Estratexia, que finalizará o 7 de xullo de 2020.

Máis información

https://ec.europa.eu/health/human-use/strategy_en

Novo e ambicioso programa A UE pola Saúde

Fonte: Comisión Europea

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante