Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

17/06/2020

O EIC concede 314 millóns de euros a empresas innovadoras

5017F_1592385900_Resultados_EIC_xun__o_2020.jpg
  • O Consello Europeo de Innovación (EIC) ampliou en 150 millóns de euros a convocatoria pechada en marzo do piloto do Acelerador para apoiar a pemes e start-up no desenvolvemento de solucións innovadoras no contexto da actual crise sanitaria. 
  • A Convocatoria conta cun orzamento de 314 millóns de euros, dos cales 166 millóns serán destinados a loitar contra a COVID-19. 
  • O proxecto piloto do Acelerador correspondese co Instrumento Peme baixo Horizonte 2020. 

Bruxelas, 17 de xuño de 2020- En maio, a Comisión Europea anunciou que a convocatoria de marzo de 2020 do piloto do Acelerador disporía de 150 millóns de euros adicionais para apoiar innovacións que fagan fronte á crise da COVID-19. Este orzamento sumouse ós 164 millóns de euros xa anunciados para esta convocatoria, que serán empregados para apoiar outras innovacións. Case 4 000 empresas presentaron a súa candidatura. Preto de 1 400 correspondíanse con innovacións relevantes para o brote de COVID-19. 


FINANCIAMENTO COVID-19 

Das case 1 400 empresas que presentaron unha solución innovadora para loitar contra a COVID-19, foron 36 as seleccionadas para recibir financiamento baixo o piloto do acelerador, as cales se lle concederán 166 millóns de euros. Estas empresas traballarán en proxectos tales como a ampliación da produción toallas biodescontaminantes, o desenvolvemento de sistemas de control da ventilación asistida que proporcionan ós sanitarios datos en tempo real sobre a calidade da ventilación proporcionada ó paciente ou o desenvolvemento dunha plataforma de anticorpos para tratar os casos graves de infección. Dúas empresas españolas recibirán financiamento, unha delas cun proxecto relacionado con probas clínicas. 

Ademais, 139 empresas que loitan contra a COVID-19 e non puideron recibir financiamento nesta ronda debido ás limitacións orzamentarias recibiron o Selo de Excelencia COVID-19, coa finalidade de axudalas a atraer apoio doutras fontes de financiamento. Nesta categoría pódense atopar seis empresas españolas e unha galega. 


OUTRO FINANCIAMENTO 

148 millóns de euros serán concedidos a outras 36 empresas para contribuír a proxectos tales como o desenvolvemento de torres de turbinas eólicas máis sólidas e de maior altura a partir de módulos de madeira, con potencial para reducir drasticamente os custos da enerxía eólica, un sistema de produción de abono orgánico o unha solución baseada na tecnoloxía de cadeas de bloques para os procesos de reciclaxe que aplican os fabricantes. 

Ademais, adxudicáronse 679 Selos de Excelencia a propostas de gran calidade pero que non puideron financiarse baixo o piloto do Acelerados. 85 empresas españolas recibiron un Selo de Excelencia, das cales unha é galega

 
As empresas apoiadas polo EIC beneficiaranse de diversos servizos de orientación, titoría e asesoramento/aceleración empresarial. Por primeira vez, estes servizos ofreceranse as empresas que teñan o Selo de Excelencia COVID-19 

 

Máis información 

Lista de empresas seleccionadas para ser financiadas polo EIC (COVID-19) 

 

Fonte: Comisión Europea 

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante