Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
31/07/2017
Bruxelas, 31 de xullo de 2017. A Comisión Europea publicou a semana pasada o 9.º informe de situación da Unión da Seguridade, que destaca as recentes medidas adoptadas para impedir o financiamento do terrorismo mediante o tráfico de bens culturais e mellorar a interoperabilidade dos sistemas de información da UE. Baseado nunha avaliación exhaustiva da política de seguridade da UE desde 2001, o informe tamén pon de relevo as carencias e retos pendentes que deben abordarse. A aplicación incompleta das políticas existentes segue supoñendo un reto, do mesmo xeito que as ameazas en constante evolución como a radicalización e a ciberdelincuencia, que poden esixir a modificación dos instrumentos existentes.
Dimitris Avramopoulos, comisario europeo de Migración,
Asuntos de Interior e Cidadanía, subliñou que “nesta contorna de seguridade en
rápida transformación, debemos intensificar os nosos esforzos para obter
resultados en todos os aspectos esenciais e traballar con rapidez para
conseguir unha Unión da Seguridade xenuína e eficaz. A fragmentación fainos a
todos vulnerables. A unidade e a confianza conseguidas grazas á mellora da
cooperación e á facilitar o intercambio de información entre os nosos Estados
membros é o único modo de que a UE achegue un valor engadido concreto e garanta
a protección e a seguridade dos cidadáns europeos”. Pola súa banda, Julian
King, comisario responsable da Unión da Seguridade, manifestouse nos seguintes
termos: “a avaliación exhaustiva cumpre o compromiso que contraín co Parlamento
Europeo de levar a cabo unha revisión en profundidade da política de seguridade
da UE, a primeira en 16 anos. Extraemos algunhas leccións importantes, entre as
que se inclúe a necesidade dunha maior axilidade para responder á situación
actual de ameaza en constante evolución. En setembro haberá ocasión de debatelo
co Parlamento”.
Avances
constantes en asuntos salientables
Nos últimos meses rexistráronse avances constantes, especialmente grazas ás novas normas sobre tráfico de bens culturais propostas en xullo de 2017 e ao acordo alcanzado en relación cun novo Sistema de Entradas e Saídas para rexistrar os datos de entrada e saída de nacionais de terceiros países que cruzan as fronteiras exteriores da UE.
Intensificouse o traballo na loita contra a radicalización
na internet cun plan de acción que comprende novas medidas establecidas para
detectar e eliminar contido terrorista ilícito en liña. Ademais, un renovado
enfoque na protección dos obxectivos non militares permitiu ás Forzas Especiais
belgas e neerlandesas realizar simulacros de ataques terroristas sincronizados
en escolas públicas. Co apoio da Comisión, o exercicio de simulacro achegou
valiosos ensinos en materia de preparación.
Abordar os
retos e as carencias en política de seguridade
O informe repasa os últimos 15 anos da política de
seguridade da UE e, aínda que a valoración é positiva e confirma a pertinencia
dos instrumentos da política de seguridade da UE, tamén identifica os retos e
as carencias. Isto inclúe a necesidade de adaptar as políticas e ferramentas
existentes para responder á ameaza en evolución permanente que supón o
terrorismo, como tamén se destacou nas conclusións do Consello Europeo dos días
22 e 23 de xuño de 2017 e no Plan de Acción do G-20 do 7 de xullo de 2017 sobre
a loita contra o terrorismo. Co obxectivo de abordar os retos e as carencias, a
Comisión seguirá tomando medidas para:
Antecedentes
A seguridade foi un tema recorrente desde o inicio do mandato da Comisión Juncker, desde as Orientacións políticas do presidente Juncker de xullo de 2014 ata o último Discurso sobre o Estado da Unión, de 14 setembro de 2016. A actividade da Comisión neste ámbito se guía pola Axenda Europea de Seguridade, na que se expoñen as principais medidas destinadas a garantir unha resposta efectiva da UE ao terrorismo e ás ameazas á seguridade, o que inclúe a loita contra a radicalización, o reforzo da seguridade informática, a interrupción do financiamento do terrorismo e a mellora do intercambio de información. Desde a adopción da Axenda, realizáronse importantes avances na súa aplicación, achandando así o camiño cara a unha Unión da Seguridade xenuína e efectiva. Estes avances recóllense nos informes da Comisión publicados periodicamente.
A avaliación exhaustiva, anexa ao informe de hoxe, fúndase
nunha análise interna realizada polos servizos da Comisión, en enquisas levadas
a cabo coas autoridades dos Estados membros e as axencias da UE e nun diálogo
aberto cunha variedade de partes interesadas, entre as que se inclúen o
Parlamento Europeo, os parlamentos nacionais, a sociedade civil, grupos de
reflexión, universidades e representantes da industria. A Comisión presentará a
súa avaliación global ao Parlamento Europeo e ao Consello e anima ás dúas
institucións a establecer un diálogo para analizar as conclusións da mesma.
Fonte: Comisión Europea
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante