Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
A contratación pública de bens, obras e servizos representa o 16% do Produto Interior Bruto da Unión Europea. A apertura dos contratos públicos a escala europea permitiu aumentar a presenza de empresas de Estados membros distintos á administración pública que convoca a licitación. Este aumento da competencia supón, por tanto, un importante aforro para os compradores do sector público.
A lexislación comunitaria nesta materia regula os contratos públicos cuxa contía sobrepasa un límite establecido pola Comunidade, mentres que os de importe inferior quedan suxeitos ao Dereito nacional. Esta lexislación actualizouse coa aprobación de dúas directivas en 2004, que simplifican e modernizan os procedementos de contratación pública.
Unha das principais melloras deste paquete lexislativo é a facilitación do emprego das tecnoloxías da información e a comunicación na adxudicación de contratos. Con este obxectivo, a Unión Europea pon ao servizo dos profesionais da contratación pública dous portais en Internet que ofrecen información sobre as posibles licitacións a nivel europeo:
Máis información sobre a actuación comunitaria en materia de contratación pública, na síntese de lexislación comunitaria
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante