Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
Rúa do Hórreo 61
15701 Santiago de Compostela
Tel. (+34) 981 541012
Fax. (+34) 981 541013
santiago@fundaciongaliciaeuropa.eu
A Fundación Galicia Europa en Bruxelas
Horario: de luns a xoves de 8:30 a 13:00 e de 14:00 a 17:00 e os venres de 8:30 a 15:00
Rue de la Loi / Wetstraat 38 - 2°, bte. 2
1040 Bruxelles / Brussel
Tel. +32 (0) 27355440
Fax. +32 (0) 27354678
bruselas@fundaciongaliciaeuropa.eu
Metro
A parada máis próxima á Fundación é Arts-Loi, onde se cruzan as liñas 1, 2, 5 e 6 de metro de Bruxelas.
Pódese atopar máis información na páxina web da Societé des Transports Intercommunaux Bruxellois (STIB).
Taxis
En Bruxelas non sempre se pode parar un taxi pola rúa, e é preferible esperalo nunha parada. Tamén é posible pedir un taxi por teléfono a algunha das compañías de taxis que existen na cidade, como Taxis Verts, Taxis Bleus ou Autolux.
Dende o Aeroporto de Bruxelas Nacional (Zaventem)
O Aeroporto de Bruxelas Nacional atópase en Zaventem, na periferia norte de Bruxelas, a 12 km do centro da cidade.
Tren: desde a estación de tren do aeroporto, situada na planta -1, sae un tren directo ao centro da cidade, onde a estación máis preto da Fundación é Gare Central. Hai catro saídas cada hora e o traxecto dura uns 25 minutos, cun custo de 5 euros aproximadamente. Dende Gare Central, pódese coller a liña 1 ou 5 de metro ata Arts-Loi (dúas paradas). Máis información.
Autobús: a parada sitúase no nivel 0 do aeroporto, e o traxecto é de 30 minutos aproximadamente. A compañía de transporte público STIB ofrece un servizo ata o Barrio Europeo de Bruxelas. O autobús é o número 12 os días laborables ata as 20:00 e o número 21 os días laborables despois das 20:00 e os fines de semana. O prezo do billete é 3 euros ou 5 si se compra dentro do vehículo. Máis información.
Taxi: o traxecto dende o aeroporto ata a oficina da Fundación ten un custo de entre 30 e 35 euros. A empresa Autolux ofrece un prezo especial de 54 euros en traxectos de ida e volta ao aeroporto. Para elo, cómpre especificalo antes do inicio da carreira e encher un formulario para que se aplique o desconto no traxecto de volta.
Dende o Aeroporto de Bruxelas-Sur (Charleroi)
O Aeroporto de Bruxelas Sur Charleroi está situado a 46 kilómetros de Bruxelas. Posúe un servizo de autobuses que conectan co centro de Bruxelas cada media hora, dende as 08:15 ata as 23:45. Un billete simple de ida custa 13 euros e o importe de ida e volta é de 22 euros. O autobús chega ata Gare de Midi, dende onde pódese tomar a liña 2 ou 6 de metro ata Arts-Loi.
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante