Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin
Dende que o brote do Coronavirus chegou a Europa a finais de febreiro, a UE está a mobilizar todos os medios ao seu alcance para axudar aos Estados membros a encarar esta crise, dado que neles recaen as competencias en materia de saúde pública. O papel da UE consiste, daquela, en complementar as políticas nacionais para alcanzar obxectivos comúns, como é o caso de xestionar unha pandemia. En vista das consecuencias socioeconómicas desta crise sanitaria, a UE estase a mobilizar para dar unha resposta coordinada. A finais de maio, a Comisión presentou un Plan de Recuperación para Europa valorado en 750.000 M €

Na Fundación Galicia Europa estamos a facer un estreito seguimento da actuación da UE nesta crise para informar á sociedade galega, elaborando un boletín electrónico diario de información e explicando a través do apartado específico na nosa web as distintas medidas que se van adoptando.

Velaquí un resumo de todas elas agrupadas nos seguintes ámbitos:    

  1. Limitar a propagación do virus;  
  2. Garantir a subministración de equipos médicos;  
  3. Promover a investigación de tratamentos e vacinas;  
  4. Apoiar o emprego, as empresas e a economía.  
  5. Asistencia dentro e fóra da UE
Estas prioridades foron acordadas polos dirixentes da UE, reunidos por videoconferencia en varias ocasións por mor desta crise:
  • 10 de marzo debatiron por primeira vez como coordinar as medidas de resposta da UE ante o brote COVID-19, acordando establecer unha estreita coordinación coa Comisión Europea así como entre os 27 ministros de Sanidade e de Interior.
  • 17 de marzo reafirmaron a necesidade de traballar conxuntamente, definindo catro prioridades: como limitar a propagación do virus, a subministración de equipos médicos, a promoción da investigación con vistas a desenvolver unha vacina, como facer fronte ás consecuencias socioeconómicas e como axudar aos cidadáns bloqueados en terceiros países.
  • 26 de marzo fixeron seguimento do traballo realizado e solicitaron á presidenta da Comisión Europea e ó presidente do Consello Europeo que comezasen traballar nunha folla de ruta e un plan de acción que marcasen os primeiros pasos unha vez que remate a crise sanitaria. 
  • 23 de abril  adoptaron unha folla de ruta para unha saída coordinada da crise e debateron sobre un futuro fondo de recuperación temporal vinculado ao Marco Financeiro Plurianual 2021-2027 
  • 19 de xuño examinaron por primeira vez a proposta da Comisión Europea relativa ao Plan de Recuperación, mostrando unanimidade na necesidade dunha resposta común, ambiciosa e centrada nas dimensións verde e dixital. As discrepancias, porén, céntranse na magnitude do plan, no equilibrio entre préstamos ou subvencións e no establecemento de novos recursos propios.
Para máis información: 
Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante