Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
Cómpre
destacar nestes dous meses a visita de 25 profesionais galegos que se formaron
durante catro días na oficina da FGE en Bruxelas en temas de financiamento
comunitario grazas a un programa posto en marcha pola FGE para impulsar unha
rede de xestores de proxectos europeos, que baixo o nome TecEuropa e a través
de LinkedIn xa está creando sinerxias.
A principios
de outubro, Galicia participou un ano máis na Semana Europea das Rexións e as
Cidades grazas ao apoio da FGE, que dende o mes de marzo organizou a presenza
de Galicia en dous seminarios, un sobre cambio demográfico e outro sobre
integración rural e urbana. Esa mesma semana, o director xeral de Relacións
Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo,
participou na sesión plenaria do Comité das Rexións para defender o
ditame sobre o futuro da acuicultura europea do que foi relator e que
finalmente foi aprobado por unanimidade.
En Santiago a
FGE organizou xunto á EAPN Galicia – Rede Galega contra a Pobreza un seminario
sobre as oportunidades de financiamento da UE para ONG de acción social,
participou nun foro sobre oportunidades de traballo e prácticas para mozos no
ámbito internacional e acolleu a presentación dun proxecto europeo sobre
emprendemento entre os máis novos.
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante