Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
Cómpre
destacar no mes de xullo a visita do conselleiro de Economía e Industria,
Francisco Conde, que viaxou a Bruxelas acompañado polos directores do IGAPE e da
Axencia Galega de Innovación. Durante a súa estancia, o conselleiro asinou a
adhesión de Galicia á Vanguard Initiative, unha rede para impulsar proxectos de
innovación industrial e presentou o programa de excelencia científica
Oportunius, ademais de manter varias reunións con representantes das
institucións europeas en materia de enerxía e innovación. En xullo, a directora
xeral de Emprego e Formación desprazouse a Bruxelas para participar no Grupo de
Asuntos Sociais do Consello da UE.
O membro
suplente de Galicia e director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús
Gamallo, participou en xuño e xullo nas
sesións plenarias do Comité das Rexións onde se aprobaron 8 ditames e varias
resolucións sobre o funcionamento da Unión Europea e a migración, entre outros
temas. Nunha reunión da comisión de Recursos Naturais (NAT) celebrada en Gaia,
Portugal, aprobouse o proxecto de ditame sobre o futuro da acuicultura do que
Jesús Gamallo é relator.
En Santiago
celebrouse en xuño a reunión do Padroado da FGE, que serviu para facer balance
dos fitos máis importantes de 2014 e das actividades en marcha neste primeiro
semestre de 2015. En liña co seu obxectivo de apoio á participación galega en
proxectos europeos, a finais de xuño a FGE publicou unha convocatoria para un
programa de especialización en materia de financiamento comunitario que se
celebrará en setembro en Bruxelas.
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante