Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Informe mensual de actividades abril 2015

Cómpre destacar neste mes a participación na 111º sesión plenaria do Comité das Rexións, onde Galicia demandou máis medidas de apoio para o sector lácteo presentando ata 11 emendas a un ditame sobre este sector coas que conseguiu que se incluíse un chamamento para eliminar situacións de abuso dos compradores sobre os produtores.

Este mes tamén se celebrou unha reunión coas partes interesadas no proxecto de ditame sobre o futuro da acuicultura europea do que o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, é relator no seo do Comité das Rexións. No debate participaron unha decena de organizacións a nivel europeo tanto de ámbito ambiental como de representantes de produtores.

Por outro lado, a FGE participou en máis dunha decena de seminarios e reunións en Bruxelas co obxectivo de facer un seguimento de asuntos de actualidade comunitaria que poden ser de interese para Galicia: dende os detalles do Plan de Investimentos para Europa ata o funcionamento do Fondo Europeo de Axuste á Globalización.

En Santiago, a FGE participou nunhas xornadas informativas sobre oportunidades de prácticas e saídas laborais para mozos universitarios celebrada na Facultade de Ciencias Políticas, ademais de responder a catro consultas e publicar no portal web 14 convocatorias para a participación en proxectos europeos. 


Documentos para descarga

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante