Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

17/09/2020

Aberta a consulta pública relativa ás Directrices sobre axudas rexionais

5089F_1600421115_europe.png Ver máis...

  • Poderanse facer aportacións ata o próximo 30 de setembro.
  • As Directrices actuais foron prorrogadas ata finais de 2021. O seu obxectivo é contribuír ó desenvolvemento económico das rexións europeas.
  • proxecto de Directrices revisadas reflexa as novas prioridades políticas relacionadas co Pacto Verde ou as novas estratexias Industrial e Dixital.
  • A adopción das novas Directrices está prevista para comezos de 2021.
Bruxelas, 17 de setembro de 2020- O pasado 23 de xuño, a Comisión Europea puxo en marcha unha consulta pública acerca do proxecto de revisión das Directrices sobre as axudas estatais de finalidade rexional (DAR), solicitando as aportacións das partes interesadas antes do 30 de setembro. A finalidade principal das DAR é contribuír ó desenvolvemento económico das rexións europeas, impulsando así o desenvolvemento rexional e garantindo ó mesmo tempo a igualdade de condicións entre os Estados membros.

As Directrices actuais, que debían expirar a finais do presente ano, foron prorrogadas ata finais do 2021 co fin de aportar previsibilidade e seguridade xurídica durante o proceso de revisión. Así mesmo, a adopción das novas Directrices está prevista para principios do 2021 co obxectivo de que os Estados membros dispoñan de tempo suficiente para preparar e notificar os seus mapas de axuda rexional, que entrarán en vigor no ano 2022.

Este proxecto de Directrices tamén reflicten as novas prioridades políticas relacionadas co Pacto Verde Europeo e a Estratexia Industrial e Dixital Europea. Ademais, a Comisión Europea pretende simplificar procedementos para o acceso ás axudas estatais nas áreas de transición xusta, pendentes de definición aínda por parte dos Estados membros. 

Contexto

As normas europeas aplicables ás axudas de finalidade rexional correspóndense coas seguintes:
  • Os mapas de axudas rexionais, nos que cada Estado membro sinala as zonas nas que as empresas poden recibir axudas estatais de finalidade rexional así como a intensidade de tales axudas. No período 2014-2020, as rexións elixibles son clasificadas en dúas categorías segundo o seu PIB per capita: categoría a (v.g. Norte de Portugal) e categoría c (v.g. Galicia) Aquí é preciso sinalar:
      • categoría a goza dunha maior intensidade nas axudas que a categoría c.
      • No referente ás grandes empresas, nas zonas a pódese apoiar calquera tipo de investimento inicial establecido nas DAR mentres que nas zonas c este apoio limítase ós investimentos iniciais en favor dunha nova actividade económica

En xaneiro de 2019, a Comisión Europea decidiu, por un lado, prorrogar ata finais de 2022 as Directrices sobre as axudas estatais de finalidade rexional para 2014-2020, e por outro, avaliar as normas europeas aplicables ás axudas de finalidade rexional. Para isto, estanse levando a cabo análises internos, consultas públicas ou estudos de consultores externos co ánimo de reflectir os resultados nun documento de traballo da Comisión Europea. Destacan: 

  • Unha enquisa dirixida ás autoridades competentes dos Estados mebros para a concesión de axudas rexionais (tanto Administración Xeral do Estado como Comunidades Autónomas) para recompilar a súa experiencia.
  • A presente consulta pública sobre o Marco normativo das Axudas Rexionais aberta ás partes interesadas.

Máis información

Consulta pública relativa ás Directrices revisadas sobre axudas estatais de finalidade rexional

Proxecto de Directrices sobe axudas estatais de finalidade rexional








Imaxes relacionadas


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante