Convocatoria
LIFE 2019. Proxectos Integrados no marco dos subprogramas LIFE para o medio ambiente e a acción polo clima
Programa
LIFE (2014-2020)
Obxectivo xeral
Os proxectos integrados son aqueles que se implementan nunha escala territorial ampla: rexional, multirexional, nacional ou transnacional. Plans de medio ambiente ou clima, ou estratexias necesarias en lexislacións da Unión nestas materias. Teñen como tema áreas específicas: natureza, auga, aire, residuos, mitigación do cambio climático e adaptación ao cambio climático.
Eidos de actuación
Os Proxectos Integrados (PIs) deben asegurar a replicabilidade ou transferencia das acción dos proxectos tradicionais. De forma habitual os PIs, debido a súa natureza complexa, tratan sobre unha combinación dos elementos dos que tratan os tradicionais.
- Mellores prácticas: aplican técnicas, métodos ou puntos de vista apropiados, eficientes e en sintonía coas técnicas coñecidas a un contexto específico.
- Elementos de demostración: poñer en práctica, testar, avaliar e difundir técnicas, metodoloxías ou enfoques que son novas ou descoñecidas no contexto (xeográfico, ecolóxico, socio-económico...) específico do proxecto e que poden ser de aplicación en circunstancias similares.
- Elementos piloto: aplicación de técnicas ou métodos que non foran aplicadas ou testadas antes, ou noutros contextos, e que potencialmente ofrezan vantaxes medioambientales ou climáticas comparadas coas mellores prácticas actuais.
Destinatarios
- Corpos públicos operando baixo a autoridade del goberno estatal.
- Organizacións privadas con fines comerciais.
- Organizacións privadas con fines non comerciais.
Financiamento
Ata un 60% do total do gasto imputable ao proxecto.
Orzamento total da convocatoria
Subprograma de medio ambiente: 97 millóns €.
Subprograma de acción polo clima: 26 millóns €.
Duración do proxecto
Espérase que os proxectos se prolonguen durante 6 a 10 anos.
Data de publicación
04/04/2019
Data límite de solicitude
05/09/2019
Contacto
Contacto
Santiago Santillán Fraile
Ministerio para a Transición Ecolóxica
Subdirector Xeal da Oficina Orzamentaria
Plaza de San Juan de la Cruz s/n
28071 Madrid
Tel +34 91 597 60 76
Enderezo postal:
LIFE 2019 - Proxectos Integrados
Comisión Europea
EASME Unit B3
B-1049 Bruxelas
Bélxica
Entrega en man:
LIFE 2019 - Proxectos Integrados
Comisión Europea
EASME Unit B3
Avenue du Bourget 1
B-1140 Bruxelas (Evere)
Bélxica
Comentarios
- O 5 de setembro de 2019 é a data límite para presentar as propostas conceptuais á Autoridade Adxudicadora.
- En novembro de 2019 informarase aos interesados sobre a avaliación e invitarase a presentar a proposta completa.
- Entre novembro de 2019 e xaneiro de 2020 abrirase un período de preguntas e respostas.
- O 14 de marzo de 2020 é a data provisional para a presentación dos proxectos completos.
- Marzo-maio 2020: Avaliación das propostas.
- Xuño-xullo 2020: Revisión das propostas.
- Outubro 2020: Firma das subvencións individuais.