Convocatoria
LIFE 2019. Subprograma medio ambiente: proxectos tradicionais no eido de natureza e biodiversidade.
Programa
LIFE (2014-2020)
Obxectivo xeral
Contribuír ao desenvolvemento e implantación da política e lexislación europea no eido da naturaleza e a biodiversidade.
Obxectivo específico da convocatoria
- Apoiar o desenvolvemento posterior, implantación e dirección da rede Natura 2000.
- Mellorar a base de coñecemento para o desenvolvemento, implantación, avaliación e control da política e lexislación da UE sobre natureza e biodiversidade e para controlar e avaliar factores, presións e respostas que impactan nelas.
Eidos de actuación
Existen diversos tipos de proxectos tradicionais:
• Proxectos piloto: aqueles que aplican unha técnica nunca antes empregada ou que ofrecen unhas vantaxes en comparación coas técnicas xa empregadas antes e se poden empregar a maior escala se funcionan.
• Proxectos de demostración: aqueles que poñen en práctica metodoloxías novas neste contexto específico e que se poderían aplicar a outros contextos semellantes.
• Proxectos de mellores prácticas: aqueles que empregan técnicas, métodos e enfoques apropiados para o contexto específico en que se dan.
• Proxectos de información, concienciación e divulgación: aqueles que apoian a comunicación, difusión de información e sensibilización nos campos do medio ambiente e acción climática.
Destinatarios
• Entidades públicas operando baixo a autoridade dos gobernos nacionais (autoridades locais, administración nacional...)
• Organizacións privadas con fins comerciais
• Organizacións privadas con fins non comerciais (ONGs...)
Financiamento
A comisión financia cun máximo do 60% os proxectos, ou 75% en casos específicos.
Orzamento total da convocatoria
O subprograma de medio ambiente ten unha financiación de 2.592.491.250 €.
Duración do proxecto
Entre 3 e 5 anos.
Data de publicación
04/04/2019
Data límite de solicitude
19/06/2019
Contacto
Santiago Santillán Fraile
Ministerio para la Transición Ecológica
Subdirector General de la Oficina Presupuestaria
Plaza de San Juan de la Cruz s/n
28071 Madrid
Tel +34 91 597 60 76
View the website: https://www.miteco.gob.es/es/ministerio/servicios/ayudas-subvenciones/programa-life/convocatoria-2019/
Comentarios
Información sobre a convocatoria:
https://ec.europa.eu/easme/en/section/life/2019-life-call-proposals-traditional-projects-nature-and-biodiversity